El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

NARÓN

A cidade acolle a "Feira do motor de Narón" e a "Feira do Libro e da Artesanía"

16-06-2022 15:46:20

NARÓN | Esta fin de semana -dende o venres ata o domingo- desenvolveranse na cidade a “Feira do motor de Narón” e a “Feira do Libro e da Artesanía”. O edil de Feiras, Santiago Galego, recordou que se levarán a cabo no estacionamento de camións de Río do Pozo e no parque de Freixeiro, respectivamente, e con entrada de balde.
   
A “Feira do Motor de Narón” poderase visitar os tres días entre as 10.00 e as 20.00 horas. Algo máis de douscentos vehículos dos concesionarios Antamotor, AutoGándara, Corgal Automóviles, Grupo Breogán, Grupo Caeiro, Manuel Rey, Priorauto e Tesla permanecerán expostos no recinto, donde tamén haberá outros na modalidade de compra-venda de Ártabra Autos e V.O. Ferrol. Vehículos novos, quilómetro cero, de ocasión, de segunda man, industriais, motocicletas e autocaravanas terán nalgúns casos descontos promocionais.    

No evento, que se inaugura mañá ás 11.00 horas, levaranse a cabo actividades complementarias, como unha sesión con música ambiental do DJ Juanky mañá de 18.00 a 20.00. Así mesmo, o sábado de 12.30 a 13.30 terá lugar o concerto en directo do irlandés Matthew Ward, que iniciou o seu proxecto musical en solitario e forma parte de tres grupos folk. Tamén o sábado e o domingo, de 17.00 a 20.00 horas estará operativo o Circuíto de karts do Concello de Narón, atendido polo equipo de Educación Viaria da cidade.    

Así mesmo, no parque de Freixeiro comezará mañá a “Feira do Libro e da Artesanía”, aberta ao público mañá e o sábado de 11.00 a 21.00 horas e o domingo  dende as 11.00 ata as 20.30 horas. A Asociación de Libreiros de Ferrolterra e a Asociación Camiño da Artesanía colaboran neste evento organizado polo Concello e no que participarán seis librarías e unha vintena de postos de artesanía.

Antón Cortizas, Inés Vázquez, Francisco Narla, Antonio Seijas, Fátima Elías, Antía Yáñez, Amara Castro, Juan José Lada… pasarán polo citado espazo, que inaugurará oficialmente a escritora Paula Carballeira ás 12.00 horas. Nos postos de artesanía instalados no parque de Freixeiro poderanse ver produtos de punto, madeira, xoias, repostería, cosmética, textil, coiro… e a maiores levaranse a cabo os tres días obradoiros abertos á participación da cidadanía en xeral.    

O primeiro deles será mañá de 17.00 a 19.00 horas e será sobre amigurumi, para elaborar unha pulseira, e que se repetirá o domingo de 16.00 a 18.00 horas. O sábado serán os de cerámica, de 13.30 a 14.00 para confeccionar unha peza; macramé, de 16.00 a 18.00 para facer unha peza con esta técnica e finalmente o domingo haberá un de miyuki, de 11.00 a 13.00 para facer unha pulseira e outro de 16.00 a 18.00 de amigurumi. Dende o Concello animouse á veciñanza a acudir a estas convocatorias, con entrada de balde e horarios ininterrompidos.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias