El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación aproba novas achegas do "Plan Concellos" cun investimento de 1,1 millóns

16-06-2022 16:44:35
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedr

PONTEVEDRA | O Goberno da Deputación dará luz verde hoxe a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos  que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui, e que están destinadas a melloras nos equipamentos públicos e as infraestruturas viarias para garantir a seguridade e a mobilidade, cunha aposta moi clara, como destacou a presidenta Carmela Silva, “por seguir o modelo sostible e seguro da Deputación, que favorece a toda a cidadanía, pero particularmente ás crianzas, mai0res e ás persoas con dificultades de mobilidade”.

No caso de Tui, o concello do Baixo Miño recibirá 322.828 euros para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais, con obras de mellora construtiva e de equipamento. Os traballos abranguen a mellora de todas as instalacións, desde a urbanización exterior, ata as instalacións de depuración.

Soutomaior recibirá unha achega de 286.208 euros para a humanización dun tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade, entre a Rúa Lameiriñas a a Praza de Cimadevila. A este respecto, Carmela Silva, subliñou que os recursos da Deputación, tanto a través do Plan Concellos como da área de Infraestruturas, están a conseguir un Camiño seguro, “favorecendo que todas as persoas que o fagan, tanto ás da provincia como de fóra, poidan desfrutar dunha mobilidade segura”. De acordo ao proxecto, crearase na zona de actuación un espazo de preferencia peonil, amais de procurar a mellora da seguridade viaria, da mobilidade, sostibilidade e habitabilidade. 

O concello da Guarda recibirá 248.069 euros para a creación dun Camiño Escolar Seguro para o CEIP Manuel Rodríguez Sinde.  O camiño abranguerá 730 metros, a través das rúas Brasilino Álvarez Sobrino; Enrique María Sesto; a Estrada de Circunvalación; Tui e Ourense, e incluirá melloras nos pasos peonís, a urbanización na Rúa Tui que dá acceso directo ao centro escolar e disporase a sinalización vertical e horizontal. Así mesmo, reducirase o límite  de velocidade a 30km/h en todo o percorrido. 

O Rosal recibirá 159.174 euros, cos que poderá costear a súa aportación (20%)  ao convenio para a segunda fase da mellora da mobilidade peonil na EP3303 Tabagón-Goián, unha actuación que unha vez completadas as súas tres fases deixará unidos a través dunha senda aos concellos do Rosal e Tomiño. A primeira fase da obra está a piques  de rematar e, nesta segunda que se aborda a partir de agora, a Deputación asumirá polo tanto, o coste total da obra, 795.872 euros. É un tramo de 1,8 km que contará cunha zona de convivencia sobreelevada, prioridade peonil e sendas peonís de formigón e ancho mínimo de 2,5 m. Renovarase así mesmo a capa de rodaxe en todo o traxecto, executarase a nova rede soterrada de pluviais, cunetas transitables e prevese a execución da rede soterrada de alumeado. 

Por último, Ponteareas terá unha achega de 118.141 euros para a mellora de dous tramos de viarios municipais que transcorren polo parque forestal da Picaraña. Os traballos inclúen a limpeza das marxes e apertura de cunetas nos 2,3 quilómetros que suman estes viarios, así como a pavimentación dos 10.527 metros cadrados de superficie que representan. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias