El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN OURENSE

Manuel Baltar celebra a "capacidade organizativa de Ourense" para acoller o AECIT

Este congreso estará centrado na innovación, dixitalización, sostibilidade e competitividade do sector turístico.

17-06-2022 15:39:47
Manuel Baltar (3d).

OURENSE | O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou hoxe na mesa de presentación do XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebrará na cidade de Ourense os días 6, 7 e 8 de outubro de 2022.

Manuel Baltar estivo acompañado neste acto, celebrado no salón de graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo, Elena Rivo; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Montserrat Cruz; o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal; e o presidente do comité organizador do congreso de AECIT, José Antonio Fraiz.

Manuel Baltar definiu ao turismo como “eixo estratéxico” da provincia e felicitou ao Campus pola organización do congreso, destacando a importancia de acoller eventos deste tipo: “Celebro a capacidade de Ourense para acoller o Congreso do AECIT ou, uns días antes, o Congreso Internacional de Turismo Termal, que organizaremos a finais de setembro trala proposta da rede europea de cidades históricas termais, que presido, e que conta co beneplácito da Organización Mundial do Turismo”. 

“Algo móvese en Ourense -resumiu Manuel Baltar- apoiados en fitos decisivos coma a Alta Velocidade, que nos converteu no territorio mellor conectado con Madrid. Ourense pode presumir, temos de todo e queremos compartilo”. 

O presidente da Deputación valora o Congreso do AECIT como “unha fiestra aberta ao desenvolvemento, aunando todas as sensibilidades neste sector”, remarcando a importancia na súa organización da cooperación interadministrativa, a alianza público-privada e, nominalmente, o “excelente traballo do profesor José Antonio Fraiz”. 

Baltar remarcou na súa intervención o apoio incondicional do goberno provincial ao Campus: “A Deputación sempre está co territorio, e a Universidade é parte imprescindible no desenrolo de Ourense, unha fábrica de talento”. E lembrou o compromiso da Deputación co Campus, “dende a súa creación ata as achegas económicas anuais”, con novas achegas coma a financiación de 45 bolsas para o alumnado matriculado no curso 2022/2023 no Grao en Turismo, ou no programa conxunto (PCEO) dos graos de Turismo e Xeografía e Historia.

O XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación de Expertos Científicos en Turismo márcase como obxectivos principais crear un foro de encontro de profesionais e investigadores do eido turístico, para impulsar sinerxías entre o mundo académico, as administracións públicas e a empresa, facilitando, segundo explican, “a actualización de coñecementos sobre aspectos de planificación e xestión turística para coñecer diferentes modelos de xestión”.

A temática desta edición é o novo turismo: a innovación, a dixitalización, a sostibilidade e a competitividade do sector. Cada un destas áreas sumará, explicou Fraiz, un relator convidado relevante nese ámbito e unha mesa de debate con representación empresarial, da administración pública e académica/investigadora. Tamén haberá, explica, un espazo para a presentación e discusión dos distintos traballos de investigación.

Segundo explican os responsables do congreso, este foro busca “realzar as investigacións vinculadas co sector do turismo, quedando aberto a calquera tema relacionado coas áreas científicas propostas, que son administracións públicas e turismo; xestión de destinos turísticos; márketing turístico; novos produtos turísticos; turismo experiencial; turismo e novas tecnoloxías; responsabilidade social; transversalidade e competitividade turística. Acorde cos seus obxectivos, como destinatarios, desde o evento sinálase que está aberto a persoal docente e investigador, alumnado e egresados vinculados co Turismo e empresariado, profesionais e outros axentes do sector”. 

A AECIT é unha asociación que reúne persoal docente e investigador e profesionais do sector do turismo, das empresas, das universidades, das institucións e das consultoras españolas. Nada en 1994, na actualidade suma máis de 250 socios, entre eles a Universidade de Vigo.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias