El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

POLÍTICA | SANTIAGO DE COMPOSTELA

Pontón: "Goretti Sanmartín é a alcaldesa que Santiago precisa para recuperar o pulso e volver ser unha cidade de vangarda"

21-06-2022 15:57:04
Goretti Sanmartín, e Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, declarou que era “un día feliz” no acto de presentación de Goretti Sanmartín como candidata a Alcaldía de Santiago, convencida de que esta cidade fará historia elixindo como unha muller para liderar o goberno local: “Unha alcaldesa para a capital de Galiza que permita saír da situación de pausa a situación e de inmobilismo na que está agora instalada”.  

Na presentación, na icónica e emblemática Alameda compostelá, a líder do BNG expresou a súa “satisfacción” polo paso adiante de Sanmartín que ten entusiasmo proxecto de futuro  e o corazón posto nesta cidade. “En Santiago falla a xestión pero tamén falta proxecto estratéxico nun momento de grandes cambios e transformacións ante os que esta cidade non pode quedar varada, precisa un cambio que lle poña corazón, da man dunha candidata que ten as calidades necesarias para liderar Compostela: é intelixente, ten visión de futuro, ten entusiasmo e enerxía desbordantes e porque sabe cales son as prioridades para darlle un futuro mellor á veciñanza”, explicou Pontón.
 
Sanmartín, recalcou, a portavoz do Bloque é a alternativa para conseguir que Santiago recupere o lugar que lle corresponde: “É a alternativa ao goberno da rutina que temos agora, da man dun proxecto transformador que bebe dos proxectos de éxito nos concellos nos que goberna o BNG, adaptados á realidade compostelá pero con toda esa experiencia, para poñer Santiago na vangarda”.
 
Empezando, explicou Pontón en relación ó proxecto que o BNG ten para Compostela, “polas políticas que entenden o espazo urbano como un dereito das persoas, que aposte con orgullo polo comercio local, un concello que traballe man a man coa universidade porque o coñecemento e a ciencia son o futuro, que sexa a capital cultural europea co seu extraordinario patrimonio, e queremos unha Compostela feminista e que se sitúe á vangarda tamén na defensa do medio ambiente e na loita contra cambio climático”.
 
E para conseguir todo isto, “temos a mellor candidata en Goretti Sanmartín porque coñece a cidade, porque a leva no corazón e porque ten a capacidade para poñer en marcha un proxecto que saque a Santiago da rutina, un proxecto que bebe na confianza da veciñanza orfa de futuro e que quere ten unha cidade na que vivir, na que traballar e na que ter confianza e orgullo”.
 
“Moi feliz”, reiterou Pontón, “deste paso adiante dunha persoa coa capacidade e o entusiasmo de Goretti Sanmartín, e estou convencida de que se os e as veciñas lle dan a confianza, demostrará que será unha gran alcaldesa”. Durante o acto de presentación, Sanmartín explicou que tomou a súa decisión de ser candidata á Alcaldía nas municipais de 2023 porque entende que "Compostela ten que recobrar o seu pulso, ter ambición, saír deste letargo e demostrar todas as súas potencialidades".
 
Ademais, deixando claro que a súa candidatura “non se pon límites de cara á cita coas urnas”, lembrando que o BNG en Compostela foi o que obtivo os mellores resultados nas pasadas eleccións galegas de toda as urbes galegas. “Imos a por un resultado extraordinario porque cada vez hai máis persoas que ven no BNG a alternativa para liderar o próximo goberno local”, subliñou. 


Orgullo de cidade  

"Quero que sintamos o orgullo de pertencer a Compostela, unha Compostela sustentábel, feminista, accesíbel e con servizos de calidade", sinalou. "Quero un goberno que lles plante cara a outras administracións e defenda os intereses de Santiago por riba de todo", explicou, "e por iso dou un paso á fronte e estou aquí, co corazón en Compostela, disposta a dálo todo para que o BNG obteña un resultado histórico e para liderar o goberno da capital do país".  

Na súa intervención destacou que coa cantidade de recursos que ten Compostela, ben xestionados, con intelixencia e eficacia, será posible dar un xiro de 180 graos e situar a capital de Galiza na vangarda. Ademais, realizou un chamamento "a que se unan a este proxecto as persoas que teñen o corazón en Compostela".   

“Canto máis avanza o BNG nos concellos máis avanza a calidade de vida da xente”, destacou Pontón, quen explicou que a formación nacionalista está traballando “sen pausa” na conformación de candidaturas e na actualización de proxectos sabendo que estamos nunha crise de prezos e que é clave darlle respostas á maioría social, concluíu, pechando un acto de presentación de Sanmartín como candidata a Alcaldía de Santiago que contou coa participación e a condución do escritor e ensaísta compostelán, Suso de Toro.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias