El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Xosé Regueira avoga pola inclusión da arte urbana nos circuítos museísticos e culturais

21-06-2022 16:53:53
Xosé Regueira, en Málaga.

MÁLAGA | O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, cualificou hoxe na CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair as intervencións de arte urbano como “museos a ceo aberto”, nacidos ao abeiro da linguaxe e de prácticas artísticas contemporáneas “que xeran identidade, que conforman a memoria colectiva da veciñanza e que crean un sentimento de identificación en torno a estas pezas”. Xosé Regueira, que baseou a súa exposición na evolución do Rexenera Fest de Carballo, aproveitou o seu relatorio para avogar pola consideración museística das obras e dos itinerarios que agrupan este tipo de pezas, co obxecto de que sexan incluídos nos circuítos culturais do país.  

“Estas intervencións artísticas rompen as barreiras dos contedores culturais” afirmou Xosé Regueira, “porque non poucas veces, sen pretendelo, os contedores culturais tradicionais crean barreiras físicas e mentais que no caso dos museos a ceo aberto non existen, polo que tamén estamos falando dun acceso moito máis democrático á cultura”. O vicepresidente, cuxo relatorio estaba incluído no panel dedicado a dixitalización e propostas de museos híbridos, tamén fixo un percorrido por diferentes iniciativas de documentación e rexistro dixital dos murais de Carballo. “Estamos falando de pezas de arte efímera, destinadas a desaparecer no tempo por diversas casuísticas, polo que estamos apostando polo rexistro dixital entendido como una forma de salvar a identidade construída sobre o efímero”. Concretamente explicou o caso de tres murais xa desaparecidos: un por ter sido “actualizado” por parte do propio autor nunha nova parede, tras derrubarse a orixinal; o segundo por unha reforma do edificio, e o terceiro tras degradarse polas condicións meteorolóxicas (pintouse unha nova obra no mesmo espazo este ano).  

Convén lembrar que na tarde de onte, a Deputación participou na mesa redonda sobre a arte urbana como elemento transformador do espazo público, na que interviron a técnica de Turismo de Carballo, Maite Parga, e o artista urbano, Sockram, do estudio Mutante Creativo. Nas súas interencións expuxeron como os festivais de arte urbana da provincia, e as intervencións resultantes, implican á veciñanza e como ésta asume e comparte o resultado final con orgullo. Tamén afondaron na súa faceta como intermediarios e ligazón entre os e as artistas urbanas e a tradición e a idiosincrasia local.  

A CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair pecha hoxe as portas da súa segunda edición, xornada na que tamén está previsto que quede rematado o mural que os artistas de Mutante Creativo, Mou e Sokram, están realizando no centro social Félix Ariza. Un mural que achega á cidade malagueña unha interpretación contemporánea da tradición megalítica da Costa da Morte.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias