El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

LINGUA GALEGA

O BNG reivindica o uso da lingua galega no Congreso e o resto de linguas oficiais do Estado

21-06-2022 19:30:30
Néstor Rego, deputado do BNG, no pleno do Congreso.

MADRID | O Bloque Nacionalista Galego defendeu no pleno do Congreso, unha iniciativa conxunta con outras forzas políticas de mudanza do regulamento da cámara para posibilitar o uso de todas as linguas oficiais durante a actividade parlamentar. A organización nacionalista reclama unha verdadeira democratización do Estado, que pasa polo recoñecemento de que o Estado español está conformado por varias nacións e pobos con diferentes linguas e que todos os cidadáns teñan dereito a empregala sempre, en todo momento e en todo lugar.  

“Galiza leva padecendo máis de quiñentos anos de imposición lingüística- imposición do español- é claro. Nese proceso, que levou primeiro á marxinación e exclusión da vida pública da lingua que falaba a poboación da Galiza e, mesmo a día de hoxe, un proceso de devalo permanente, de perda progresiva de falantes, ten unha responsabilidade histórica e presente o Estado español” comeza a intervención o deputado nacionalista.

Rego acrecentou que mesmo na actualidade, especialmente após os 13 anos de Goberno do PP de Feixóo, as políticas públicas camiñaron no sentido de atacar a normalización do galego. “Por exemplo, derrogando o decreto de uso do galego no ensino e impondo o mal chamado “Decreto de plurilingüísimo” que prohibe que materias como matemáticas, Bioloxía ou Física e Química poidan ser impartidas na nosa lingua”.

“Hoxe traemos aquí unha cuestión que, sendo simbólica, posúe unha relevancia excepcional desde a perspectiva dunha verdadeira democratización do Estado español que pasa por recoñecer que neste Estado convivimos nacións e pobos diferentes” explica o deputado nacionalista en lingua galega. Reivindica a posesión do pobo galego dunha lingua propia e o dereito a poder empregala “sempre, en todo momento e en todo lugar, en igualdade de condicións aos falantes de español”.

Para a organización nacionalista, fica claro que o fundamental é a normalización da lingua galega na Galiza, mais ao tempo -segundo sinala Rego- “que deputadas e deputados poidan empregar no Congreso a lingua do noso pobo, a lingua das persoas que nos elixiron, ten un valor simbólico innegábel e, para alén do máis, con consecuencias prácticas. Sería o recoñecemento a serio da realidade plurilingüe do estado e, por tanto, tamén da necesidade de avanzar no contributo desde a administración estatal para a plena normalidade das nosas linguas como, aliás, estabelece a Carta Europea das Linguas que o Estado español ten asinado” subliña.

Ao ser chamado á orde por segunda vez pola Presidente da cámara por estar a facer a súa intervención en lingua galega, o deputado do BNG citou as declaracións en castelán relacionadas en 2001 polo “Borbón corrupto e fuxido”, en que afirmaba que “nunca fue la nuestra lengua de imposición”. Rego continuou a súa intervención en galego afirmando que foi “unha mentira máis das moitas que contou desde a Xefatura de Estado, pois a imposición do castelán na Galiza e a prohibición do galego ao longo de séculos está sobradamente documentada”. O deputado nacionalista non puido finalizar a intervención ao lle ser retirada a palabra polo presidente en funcións do Congreso, a pesar de que ningún artigo do Regulamento indica que as intervencións teñan que ser en español.  Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias