El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O fotoxornalista Brais Lorenzo, gañador do XVI Premio Luis Ksado de creación fotográfica

22-06-2022 11:06:01
Xurado do Premio Luis Ksado de creación fotográfic

A CORUÑA | A colección ‘Lume’, sobre a traxedia dos incendios forestais e as consecuencias do cambio climático, foi seleccionada como gañadora do XVI Premio ‘Luís Ksado’ de creación fotográfica, que unha vez aberta a plica resultou ser obra do fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo.  

O xurado que valorou o total das coleccións presentadas nesta edición estivo composto por Andrea Costas Lago, Maria Phyliss Salvia Mann, Silvia Omedes Alegre, Judith Prat Molet e Eduardo Rodríguez Ocho, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Actuou como secretaria Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes e estivo presente Xurxo Lobato, comisario do Premio.  

No seu informe, o xurado salientou da colección “Lume” a actualidade do tema “contado nunha secuencia que visualiza o drama humano, máis o ecolóxico. Todo na liña do máis puro fotoxornalismo, onde a narrativa visual fai fincapé nas persoas que viven intres de tensión”. A colección presentada por Brais Lorenzo narra a traxedia que, para Galiza e para o mundo, representan os incendios, como consecuencia do cambio climatico, da despoboación do campo, da irresponsabilidade dos pirómanos.  

“Doce fotos en cor que cada unha ten vida propia e á vez o conxunto conta unha historia” indica o xurado na acta. Salienta “a capacidade do autor para narrar visualmente unha historia en imaxes, xa que a colección ten unha narrativa exquisita que amosa unha proximidade física ao tema non só nos momentos do incendio, senón despois, as consecuencias; funciona moi ben como serie pola súa coherencia, mais cada foto é unha historia por si mesma; son fotos moi expresivas”. Menciona tamén “o virtuosismo fotográfico e a coidada edición e presentacion”.  


Brais Lorenzo

Brais Lorenzo (Ourense, 1986) traballo como colaborador de diversos medios de comunicación galegos e estatais, entre os que se contan Faro de Vigo, Revista Luzes, Nós Diario, Agencia EFE, El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Público, Eldiario.es, ou The Guardian. Tamén ten colaborado con ONGs como Greenpeace e Cruz Vermella. Ten participado en diversas exposicións fotográficas, como como a Art & Photo Exhibition (Adís Abeba, Etiopía), Realidade absoluta, a Galería Geraldes dá Silva (Oporto, Portugal), Rande: pé ou refuxio do Capitán Nemo, no centro cultural La Nacional de Manhattan (Nueva York, EEUU); Building a New World, na Academia Albertina de Bellas Artes (Turín, Italia); Antropoloxía Visual dunha Sociedade Confinada, no Museo Etnológico, (Ribadavia); Galicia en Vilo, na Sede Afundación (A Coruña); At the Scenes of the Pandemic, no Museo Nacional de Historia Contemporánea (Seúl, Corea del Sur) ou La Vía de la Plata. Aires do sur, no Museo Centro Gaiás (Santiago de Compostela). En 2021 fora finalista no Premio Luis Ksado e gañador do premio Ortega y Gasset de Periodismo por un traballo sobre a pandemia.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias