El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación subvencionará 27 proxectos de asociacións para impulsar o territorio das Reservas da Biosfera

22-06-2022 11:19:06

LUGO | A Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe a listaxe provisional de beneficiarios da liña de axudas en concorrencia competitiva convocadas pola Deputación por un importe total de 83.000 euros para entidades sen ánimo de lucro do territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia institución. As subvencións están destinadas a desenvolver actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao rural que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico das propias reservas. 

En total seleccionáronse 27 proxectos, 16 para a Reserva da Biosfera Terras do Miño e 11 para Os Ancares Lucenses. Agora ábrese un prazo de 10 días para presentar alegacións, e logo, unha vez valoradas, publicarase a listaxe definitiva. 

Entre os proxectos seleccionados atópanse exposicións, estudos e investigacións, accións formativas, creación de material divulgativo, melloras de infraestruturas ou a creación dunha rede agroecolóxica, ademais doutras iniciativas que contribuirán de maneira importante a poñer en valor o territorio e a dinamizar a actividade social, cultural e económica.

Trátase dunha iniciativa que inclúe dúas liñas de actuación, a primeira dotada con 45.000€ para actividades na Reserva da Biosfera Terras do Miño e outra, por un importe de 38.000€, para iniciativas na Reserva dos Ancares Lucenses. O importe que outorga a institución provincial oscila entre 1.000 e 7.000 euros por cada proxecto. 

Os termos municipais nos que se debe actuar para estas axudas son Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade, no caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño; e Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, no da Reserva dos Ancares Lucenses.

Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Impulso de Economía da Provincia promovido pola Deputación o pasado ano, permite fortalecer unha rede de colaboración integradora, na que os colectivos locais e entidades sen ánimo de lucro propoñan e impulsen actividades no marco dos Plans de Acción aprobados para as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias