El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | SOLO INDUSTRIAL

Formoso apoia as promocións de solo industrial "serias e solventes" para non perder músculo industrial

29-06-2022 14:48:28

CALDAS DE REIS | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, respaldou as iniciativas dirixidas á promoción de solo industrial "serias e solventes" que permitan nonperder músculo industrial. Así o dixo navisita ao Concello de Calda de Reis, onde coñeceude man do alcalde, o socialista Juan Manuel Rey, as iniciativas para a consolidación de chan industrial e de promoción de vivenda pública no Concello.

Formoso respaldou as iniciativas locais deseñadas para non perder músculo industrial fronte a un goberno da Xunta que conta como balance de xestión a perda de 68.000 empregos industriais na última década. O responsable socialista salientou que tanto a promoción de solo industrial como as iniciativas de promoción de vivenda constitúen, xunto coa protección social, “os sinais de identidade para un socialdemócrata”.  

Estes proxectos, dixo, “ofrecen oportunidades de crecemento e consolidación de proxectos industriais que xa existen en Caldas e que empregan a milleiros de familias na vila e no seu entorno”. Sinalou á promoción de chan industrial do Estado, que será analizado na primeira xuntanza do alcalde coa presidencia da Sociedade Estatal de Promoción de Chan Industrial. 

Sinalou que as propostas constitúen “promocións serias e solventes con tódalas garantías de calidade, que requiren dun estudo previo” por parte do goberno de Rey, a quen cualificou de “referencia do mundo municipal” para os socialistas e para toda Galicia. O alcalde salientou a necesidade do desenvolvemento do polígono Veigas de Almorzar, o entorno da factoría de Clavo e o novo polígono en Paradela – Carracedo.  


Vivenda pública 

Valentín González Formoso tamén garantiu o seu respaldo á iniciativa do alcalde de incorporar ao patrimonio municipal de promoción de vivenda pública de “inmobles senlleiros do casco urbano”. Esta iniciativa require de “facilidades  por parte do Estado a través da Sareb para facerse co inmoble e despois derivalo á promoción directa por parte do Concello”. 

O alcalde, Juan Manuel Rey, lembrou que levan “moito tempo pelexando” por impulsar a vivenda pública tanto en propiedade como en aluguer” que permitan “o asentamento de parellas novas ou de xente con dificultade de acceso á vivenda. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias