El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "Galicia atravesa unha situación de alerta sanitaria"

Tras a cascada de dimisións dos xefes de Medicina Interna.

30-06-2022 15:23:50
Valentín González Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, advertiu hoxe de que Galicia atravesa unha situación de alerta sanitaria ante a que a Xunta debe actuar de contado tomando medidas como o incremento de investimento e de persoal, tal e como leva reclamando o PSdeG dende hai meses.   

Por iso, insistiu na necesidade de que o goberno galego se sente a falar para “priorizar os  orzamentos” de modo que se “iguale o investimento en atención primaria e hospitalaria” ao resto dos territorios de España. “É unha esixencia que ten máis xustificación que nunca”, sentenciou, logo de lembrar da cascada de dimisións dos xefes de medicina interna, “unha parte neurálxica dos sistema sanitario”, en diferentes hospitais galegos, a última delas onte mesmo no CHUS.  

Valentín González Formoso engadiu a esta circunstancia a advertencia que fai a propia Valedora do Pobo, quen -en consonancia coa análise que está a facer o PSdeG- incide en que se precisan máis recursos e reforzo de profesionais para facer fronte ao “colapso sanitario” que padece Galicia. Neste escenario, e cando o país se “está enchendo de manifestacións polos catro puntos cardinais”, o líder dos socialistas galegos incidiu na urxencia de que o goberno galego recoñeza esta “situación crítica” e que, tal e como xa admite o presidente da Xunta, se vai “tensionar profundamente durante o verán”.   

“Xa estamos no verán”, lembrou Formoso, “e polo tanto vai haber máis problemas de cobertura de prazas por quenda tanto no eido hospitalario, principalmente, como na atención primaria”. Fronte a esta situación, o secretario xeral do PSdeG recordou que “todos os colectivos médicos e sanitarios están pedir que as medidas non sexan parches”, como o ofrecemento de pluses para aqueles facultativos que se cubran voluntariamente vacacións dos seus compañeiros. Isto so “permite dar resposta a unha necesidade para destapar outra”.   

Nesta liña, reivindicou que a Xunta se sente a falar coas forzas políticas galegas e que escoite aos expertos para q Valentín González Formoso engadiu a esta circunstancia a advertencia que fai a propia Valedora do Pobo, quen -en consonancia coa análise que está a facer o PSdeG- incide en que se precisan máis recursos e reforzo de profesionais para facer fronte ao “colapso sanitario” que padece Galicia. Neste escenario, e cando o país se “está enchendo de manifestacións polos catro puntos cardinais”, o líder dos socialistas galegos incidiu na urxencia de que o goberno galego recoñeza esta “situación crítica” e que, tal e como xa admite o presidente da Xunta, se vai “tensionar profundamente durante o verán”.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias