CERCEDA | O
presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez,
acompañado por responsables da área Xurídica, Técnica e Comunicación
desta compañía, viaxou a Santander para participar no I Encontro de
empresas públicas de xestión de residuos da Cornixa Cantábrica,
celebrado onte, 5 de xullo.
A
xornada, promovida e coordinada por MARE (empresa pública de Medio
Ambiente, Auga e Enerxía de Cantabria), e inaugurada polo conselleiro de
Desenvolvemento Rural, Gandería, Pesca,
Alimentación e Medio Ambiente, Guillermo Blanco, reuniu a unha trintena
de representantes e directivos de SOGAMA, MARE, COGERSA (Consorcio para
a Xestión dos Residuos Sólidos de Asturias), GARBIKER (Empresa Pública
de Xestión de Residuos da Deputación Foral
de Bizkaia) e GHK (Consorcio de Residuos de Gipuzkoa) co obxectivo de
poñer en común coñecementos, experiencias, proxectos, retos e desafíos
que afectan ás catro comunidades en materia de residuos, tomando como
referencia a normativa vixente.
Neste
marco, organizáronse diferentes grupos de traballo (corporativo;
xurídico e recursos humanos; técnico e mantemento; así como comunicación
e educación ambiental) coa pretensión
de que os integrantes dos mesmos avaliasen conxuntamente como afectará
ao seu desempeño a nova lei estatal de residuos.
Galicia, comunidade de referencia
Durante
a súa intervención, Javier Domínguez explicou con detalle a actividade
da Sociedade Galega do Medio Ambiente desde a súa dimensión industrial,
económica, ambiental e social,
facendo especial fincapé na adopción das últimas tecnoloxías
dispoñibles para que os seus procesos industriais sexan eficientes,
competitivos e sostibles, logrando compatibilizar desta forma a
operativa de tratamento dos refugallos coa protección do medio
ambiente e a saúde pública. Proba disto son os baixos niveis de
emisións á atmosfera, que se atopan moi por baixo dos límites legais.
Falou
tamén da ampliación do Complexo Medioambiental cunha nova planta que
funciona en liña coa industria 4.0 e a través da cal conséguese separar,
do lixo en masa, os materiais susceptibles
de ser reciclados, que se remiten aos centros recicladores. Esta
instalación posibilitou que a capacidade de tratamento de Sogama se vira
incrementada nun 81%, pasando de 550.000 toneladas anuais a 1.000.000.
Referiuse
igualmente á oportunidade que esta compañía autonómica representou para
a creación de emprego, con 1.000 postos de traballo (entre directos e
indirectos) e a súa indiscutible
contribución á educación ambiental da poboación no ámbito dos residuos.
É
un feito, avalado con datos, que as melloras introducidas na súa
xestión durante os últimos anos posicionaron a esta entidade como a máis
eficiente e moderna no continente europeo,
ademais de punto de referencia para o resto do mundo.
Tal e como manifestou Domínguez, “con
30 anos de camiño xa percorrido, quédanos aínda un longo traxecto por
diante no que un dos protagonistas vai ser o contedor marrón e a
infraestrutura
que habilitaremos (4 plantas de biorresiduos e 13 de transferencia de
apoio) para que a segregación da materia orgánica chegue a todos os
recunchos de Galicia e que esta poida valorizarse a través da súa
transformación en compost”.
Desta
forma, a empresa axudará a incrementar as taxas de reciclaxe na nosa
comunidade, coa garantía de que alcanzará o vertido técnico cero con
anos de antelación ao establecido polo
Parlamento Europeo, que fixou en 2035 o prazo límite para que os
Estados Membros só depositen en vertedoiro aquela parte dos residuos que
non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente. Departamento de comunicación