A CORUÑA | Durante algo máis de cinco lexislaturas, Sergio Vázquez foi o encargado de
conducir e dotar ao atletismo galego de ferramentas e recursos. Durante o
seu periodo cimentáronse as bases dun gran proxecto que logrou
convertir á Federación Galega de Atletismo nunha das máis importantes e
con máis peso no deporte galego e no atletismo nacional sendo o artífice
de igual modo, do deseño da actual base estructural cuxas delegacións,
estamentos, núcleos e distintos comités constitúen a pedra angular
federativa.
Os comezos non foron tempos fáciles, a falta de
recursos e as carencias de medios e instalacións sacaron a relucir unha
das grandes virtudes de Sergio Vázquez, a súa capacidade de negociación e
de xestión que lograban importantes recursos e concesións para o noso
deporte. Si todo esto definía moi ben a esencia de quen fora o
presidente máis carísmatico do atletismo galego, a súa gran virtud foi
sen lugar a dúbidas o seu marcado carácter ético, nobre e humano que
xunto as súas crenzas relixiosas, marcaron a súa filosofía de vida.
Nado
na parroquia lucense de Hombreiro no ano 1936, os seus primeiros
contactos co atletismo darían comezo na cidade das murallas con 17 anos
da man dos míticos Manuel Fraga Ferrant, Ramón Pidal Barja ou Gregorio
Pérez Rivera que de seguida viron nel un talento innato para o atletismoNo
ano 1954 lograba o seu primeiro triunfo importante, o campionato de
España nos 3.000 m., debutando ca selección española tres anos despois
nun encontro España-Bélgica. Ese mesmo ano, emprende viaxe á localidade
alemana de Friburgo onde permanece por un curto espazo de tempo
adestrando ca mellor escola da ápoca dirixida por Waldemar Gerschler de
que sacaría experiencias moi positivas.
En 1964 con 24 anos, e xa
asentado na Coruña, da comezo a faceta de xestor e adestrador creando o
Club Atlético Coruñés e dirixindo aos clubs de fútbol do Imperator e o
Deportivo xuvenil. No ano 1984 accede á presidencia da Federación
Galega de Atletismo no momento no que se constitúen de novo as
Federacións Autómicas cargo que acupa ata o ano 2006 onde tomaría o
relevo o por aquel entón Director Técnico e actual Presidente, Isidoro
Hornillos. Departamento de comunicación