SANTIAGO DE COMPOSTELA | A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, informou de que os populares presentarán mocións en todos os concellos galegos para esixir que se poñan en marcha os trens Avril, despois de que se confirmou o atraso na súa chegada a Galicia.
En rolda de prensa, Prado recrimina ao Goberno que "non busquen escusas onde non as hai" sobre o atraso dos trens Avril -que suporía levar a alta velocidade ao Eixo Atlántico- e reclama que "asuma a súa responsabilidade". "Sánchez perdeu o tren da confianzade todos os galegos", sentenza. Ler máis