El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

TRANSPORTE METROPOLITANO

Formoso reclama á Xunta a gratuidade dos abonos de transporte metropolitano en autobús

13-07-2022 17:04:27
Valentín González Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, reclamou hoxe á Xunta de Galicia a gratuidade dos abonos do transporte en autobús para complementar a medida anunciada onte polo Goberno de España de bonificar ao 100% os bonos multiviaxe de Renfe nos servizos de cercanías e media distancia, que beneficiarán “a miles de galegos nas rutas ferroviarias do eixo atlántico”.

“Galicia vaise ver beneficiada de moitas das medidas anunciadas onte polo Goberno. Por exemplo, 80.000 mozas e mozos galegos verán incrementada a súa beca en 100 euros ao mes e miles de usuarios do tren no eixo atlántico veranse beneficiados da gratuidade dos abonos”, afirmou Formoso, que considerou que “a gratuidade do transporte público en autobús sería necesaria no ámbito metropolitano e no ámbito rural para manter un equilibrio de esforzos por parte de ambos gobernos: o do Estado e o autonómico”.

Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas galegos censurou a ausencia de medidas por parte da Xunta para amortiguar os efectos da crise nas economías das familias e empresas galegas. “Aínda non fomos escoitados na nosa petición de que parte dos impostos que que gravan os hidrocarburos que se consumen en Galicia e que recibe a Xunta se destinen a axudas a os sectores estratéxicos como o transporte, a pesca ou a agricultura para axudarlles a sobrelevar os efectos desta crise”, afirmou.

O líder dos socialistas galegos reclamou “unidade nas medidas para facer fronte á crise” e pediu ao Partido Popular “que deixen os intereses partidistas a un lado” e que “as medidas anunciadas onte conten co respaldo do principal partido da oposición”.

Formoso fixo estas declaracións ao remate dun acto en memoria de Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA hai 25 anos, no que tivo unha lembranza para as 854 vítimas mortais da banda terrorista e destacou a importancia da “unidade das forzas democráticas conta todo o que ameace ao país”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias