BRUXELAS | Continuando o apoio amosado polo BNG ás familias afectadas polo naufraxio do Villa de Pitanxo nas súas reclamacións para coñecer todo o que aconteceu na madrugada do 15 de febreiro nas augas, o Bloque no Parlamento Europeo expresa o seu respaldo á solicitude presentada na Comisión de Peticións polas representantes das familias para que
“Desde o BNG pensamos que é incompresible e inxusto que as familias só atopen trabas para coñecer o acontecido durante o naufraxio polo que é lóxico recorran a todas as vías para alcanzalo”, salienta a portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda, quen considera “lamentable” que, por exemplo, se baixara en diversas ocasións ao Titanic, afundido hai máis de un século, pero que o goberno español só poña trabas para baixar ao Villa do Pitanxo.
O BNG considera que, para coñecer a verdade do que aconteceu, debe poñerse a disposición todo o orzamento necesario e “chegar até o final”. Precisamente, co obxectivo de dar a coñecer a situación na que se atopan as familias afectadas, Ana Miranda remitiu recentemente unha carta á Organización Marítima Internacional (OMI) na que traslada a preocupación do Bloque pola negativa do Estado a enviar unha misión de investigación ao lugar do naufraxio.
“Concordamos totalmente co expresado coa portavoz das familias, María José Pazo, sobre a posibilidade de baixar ao pecio”, sinala Miranda, quen considera inexplicable que o buque Vizconde de Eza estivera a semana pasada navegando pola zona do afundimento e non recibira instrucións para a profundidade da augas pese a que conta cun sonar para realizar a operación.
Demanda de transparencia
Segundo manifesta a portavoz do Bloque en Europa, “do mesmo xeito que concordamos coas familias na necesidade de baixar ao pecio, concordamos coa súa reclamación de transparencia para ter toda a información a respecto das causas do naufraxio”. Departamento de comunicación