El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A cooperativa xuvenil boirense Kracia, galardoada como mellor proxecto emprendedor do ano

15-07-2022 11:47:02
A cooperativa xuvenil boirense Kracia.

A CORUÑA | A Fundación EOI - Escuela de Organización Industrial, entidade dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e primeira escola de negocios de España, decidiu galardoar á cooperativa xuvenil Kracia, con sede en Boiro, como Mellor Proxecto Emprendedor do Ano. 

Kracia, formada por 5 mozos e mozas cooperativistas das comarcas do Barbanza, Sar, Muros e Noia, é froito da formación en “Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo” organizada pola Fundación Paideia Galiza, a Deputación da Coruña e a Fundación EOI – Escuela de Organización Industrial, coa colaboración dos concellos de Boiro e As Pontes de García Rodríguez e a financiación do Fondo Social Europeo, entre os meses de setembro e decembro do pasado ano. 

Onte, Kracia recibiu esta distinción de mans da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Dona Reyes Maroto, acompañada de Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia e Federico Linares, presidente de EY España. Este proxecto emprendedor foi seleccionado de entre todas as iniciativas xurdidas de programas formativos organizados por Fundación EOI en todo o territorio español. 

A acción formativa “Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo”, dirixida a mozas e mozos desempregados/as menores de 30 anos, é unha iniciativa conxunta da Fundación Paideia Galiza, a Deputación da Coruña e a Fundación EOI – Escuela de Organización Industrial, pola que se procura mellorar a empregabilidade da mocidade galega, creando oportunidades a través de modelos de traballo cooperativo nun sector en continuo medre como o do Márketing Dixital. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias