El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "A pesca é un dos sectores estratéxicos a protexer"

21-07-2022 16:22:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe a continuidade das empresas do sector mar industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego". Así o dixo durante a visita á planta de Stolt Sea Farm en Lira -Carnota- xunto co alcalde, o socialista Juan Manuel Saborido.   

Formoso sinalou que a pesca “é un dos sectores estratéxicos a protexer” como centros de xeración de emprego no ámbito rural – costeiro. Subliñou que “o apoio do PSdeG á produción pesqueira de Galicia pasa por apoiar a presenza de instalacións que necesariamente teñen que estar no dominio público marítimo – terrestre”.  

O responsable socialista salientou que “cada día o estamos reclamando” os socialistas galegos “cada día dende as instancias onde se toman estas decisións e dende as institucións nas que estamos presentes”.  

Neste sentido, reiterou a aposta dos socialistas galegos por que Galicia xestione a competencia no dominio público marítimo – terrestre pola, dixo, “sensibilidade que se poida ter sobre unha bateeira unha redeira ou unha instalación” sempre será maior dende Galicia que “a que teña un dirixente político dende o Paseo da Castellana”.  

Sinalou que esta reclamación “debe concretarse cunha reforma do Estatuto de Autonomía que lle permita a Galicia ter mecanismos que lle permitan ser unha Galicia de futuro”. Esta modificación garantiría “posibilidades e marxe de manobra lexislativa para ter unha lexislación que estea de acordo cos intereses xerais nos sectores produtivos galegos”.  

Valentín González Formoso visitou hoxe a planta de Stolt Sea Farm radicada en Lira que, sinalou, “fora pioneira no seu momento, e hoxe é unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias