El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CATOIRA

A Romaría Vikinga volve á normalidade batendo récord de público

Nos concertos do Vikinsons congregáronse unhas 6.000 persoas cada día.

08-08-2022 13:37:18
Romaría Vikinga.

CATOIRA | Aínda que a Romaría Vikinga estivo presente estes dous últimos anos de pandemia, foi nesta 62 edición cando se recuperou a normalidade, e superando todas as expectativas.  

O alcalde, Alberto García, destaca que non se rexistrou ningunha incidencia que puidese alterar o desenvolvemento das distintas actividades programadas e cualifica de rotundo éxito a organización e o público que se rexistrou nestes días. Nos concertos do Vikinsons congregáronse unhas 6000 persoas cada día, e o Desembarco rexistrou a maior afluencia de público da historia de festa. Nesta semana estímase que se achegaron a Catoira máis de 130.000 persoas.  

O Goberno local agradece a implicación das distintas institucións e entidades colaboradoras, así como do persoal do Concello, dos voluntarios, das/os veciñas/os de Catoira participantes, e da cidadanía en xeral, que soubo gozar desta magnífica festa con responsabilidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias