El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

BETANZOS

Os Xogos Florais de Betanzos 2022 comenzarán o 26 de agosto

09-08-2022 12:01:31


BETANZOS | Xa se coñece o programa completo dos Xogos Florais de Betanzos 2022, unha iniciativa do departamento de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e do Proxecto Pesquedellas, con quen colaboran o Concello de Betanzos e o Café Lanzós desa localidade. O Xogos comenzarán o 26 de agosto no Claustro de Santo Domingo, onde as 20 horas se celebrará o coloquio de presentación da revista dixital ‘A Cousa’, que en 2021 gañou a Bolsa Nacho Mirás do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. “Trátase”, salientan os organizadores, “dun proxecto moi centrado no audiovisual no que catro xornalistas de vinte e poucos anos falan do que fala todo o mundo ao seu arredor e  comparten inquedanzas, consellos e experiencias”.   

Ese mesmo día 26, e tamén do Claustro de Santo Domingo, ás 21 horas, está programado o espectáculo ‘A drag pandereteira’, no que a pandereteira MEIGA-i conta e canta a súa historia a través do folk galego desde unha perspectiva ‘drag’. 

Esta nova edición dos Xogos Florais incorporarán a gran figura do escritor e xornalista Antolín Faraldo, nado en Betanzos hai douscentos anos. Na súa honra convocáronse  un concurso de xornalismo cultural e a segunda edición do Slam de poesía, para menores de 35 anos, “co obxectivo de enxalzar a creación cultual e literaria e o patrimonio cultural galego en lugares patrimoniais con importancia histórica para a vida cultural betanceira”, segundo a organización. As bases dous dous certames pódense consultar e descargar na seguinte ligazón.

Os Xogos Florais de Betanzos 2022 poñen o foco este ano na mocidade. “Foron”, explican os promotores, “encontros literarios nos que diversos autores presentaban obras ou composicións cunha finalidade artística pero tamén con vontade de defender a lingua e a cultura galegas, propiciando así o Rexurdimento das letras galegas”. “Este foi, seguramente”, “engaden”, “o evento de creación literaria que máis importancia tivo na vila de Betanzos, razón pola cal, a asociación quere recuperalo e mantelo como evento fundamental. Lamentablemente, na actualidade o uso do galego entre a xuventude é minoritario, polo que dende a Asociación Pesquedellas decidimos impulsar uns novos Xogos Florais por conter esta tradición os valores que defendemos dende a nosa asociación, mais decidimos enfocala á xuventude e adaptala aos tempo de agora”.  Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias