El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación ultima a súa nova sede en Valdeorras

13-08-2022 13:26:06
Manuel Baltar (i).

OURENSE | A Deputación está ultimando a súa nova sede en Valdeorras, despois de pechar a comprar dun céntrico inmoble en A Rúa, situado na intersección entre as rúas Progreso -no número 45- e Benito Fernández. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste concello, Álvaro Fernández, para estudar os planos dun proxecto que suporá “seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa”. 

Manuel Baltar resalta a importancia de abrir esta sede en Valdeorras: “Será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos concellos de toda a comarca, así como un poderoso xeito de reforzar a alianza da Deputación cos colectivos sociais, empresariais e culturais”. Destaca tamén o “pulo que recibirán todos os procedementos administrativos da administración provincial, que será todavía máis áxil nas súas xestións recortando trámites e tempos, algo completamente fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade cos axentes públicos e privados”. 

Pechada a compra do inmoble, de dúas plantas e soto, os técnicos da Deputación xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede. Os técnicos sinalan que a “ubicación, accesibilidade e entorno deste edificio son os axeitados para o seu uso administrativo”, cun deseño que dispon no interior varios espazos de traballo na planta baixa e nas outras dúas plantas, deixando para o soto unha zona de arquivo. “Un patio interior e o núcleo de servizos contecta todas as alturas favoreciendo a creación dun entorno laboral dinámico e innovador”, conclúen. 

Unha vez aberta, esta delegación permitirá reforzar os servizos da administración provincial en Valdeorras e, á vez, será un axente dinamizador para toda a comarca. “Valdeorras é un motor fundamental do noso territorio, un pivote básico da nosa economía. Neste contexto, e ante un futuro cheo de oportunidades, esta sede da Deputación será un importante apoio para avanzar no dinamismo deste territorio”, incide Manuel Baltar. 

O presidente do goberno provincial lembra que activar esta delegación, a primeira da Deputación de Ourense, é unha das medidas contempladas no Plan de Mandato 2019-2023: “Seguimos cumprindo obxectivos concretos dentro da nosa política planificada, ordenada e previsible, deseñada para mellorar Ourense”. Manuel Baltar reivindica que “somos un goberno cunha visión integral da provincia, un eixo de traballo fundamental apoiado en accións ben deseñadas. Agora, a apertura da sede en Valdeorras é unha nova mostra deste xeito de entender e executar as políticas públicas”.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias