El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación concede 830.000 euros en axudas para proxectos e servizos municipais, iniciativas sociais e actividades culturais

05-09-2022 13:03:47
Rosendo Fernández.

OURENSE | A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 830.316 euros en subvencións para o financiamento dunha vintena de proxectos e servizos locais e intermunicipais, iniciativas de carácter social e actividades de entidades culturais. 

En cooperación local, a Deputación achegará dúas axudas ao Concello de Bande: 236.000 euros para mellorar a seguridade viaria na travesía da vila e 10.000 euros máis para actividades do “Xurés Experience”. Tamén aprobáronse 45.000 euros para relacións interadministrativas no Concello de Larouco e 48.000 para un proxecto piloto de axuda no fogar en Monterrei. 

Ademais concedéronse catro axudas ao Concello de Muíños: 10.000 euros para o “Xurés Experience”; 79.000 para campamentos xuvenís; 107.800 para unha nave do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES); e 45.000 para cofinanciar unha obra de Augas de Galicia para a mellora de saneamento en varias poboacións. O Concello de Piñor vai contar con 14.000 euros para o Rally Mix; Porqueira terá 50.000 euros para gastos de funcionamento da residencia da terceira idade; e Xunqueira de Ambía poderá facer un estudo de rehabilitación do retablo da colexiata cunha axuda de 3.000 euros.


Cooperación con mancomunidades

No capítulo local cómpre engadir catro achegas para outras tantas entidades supramunicipais: 50.000 euros para a mancomunidade do Ribeiro; a mesma cantidade para Verín; e 20.000 para a entidade turística dos concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, nestes tres casos con destino a gastos de funcionamento. A mancomunidade da comarca de Ourense recibirá 15.000 euros para traballos medioambientais.  

En canto a colaboración con entidades concedéronse as seguintes subvencións: 14.500 euros para Queiman y Pousa S.L. destinados a un proxecto audiovisual sobre a Ribeira Sacra; 4.000 para a escola de baile e música tradicional da asociación cultural Rebulir; 6.000 para o colectivo Xingros que promove o Festival Hércules Brass; 2.000 con destino a gastos de funcionamento da asociación de veciños Santa María de Ansemil; e 21.000 euros coa mesma finalidade para a Fundación de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias