El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "É unha burla que Rueda decida baixarlle os impostos ás 7.000 millonarios"

23-09-2022 15:25:58
Ana Pontón.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, considera unha falta de respecto á maioría social que, en plena crise de prezos, o presidente da Xunta anuncie unha rebaixa de impostos a 7.000 millonarios, mentres a maioría de galegos e galegas ten dificultades para chegar a fin de mes.  

“É unha burla que Rueda decida baixarlle os impostos ás 7.000 millonarios mentres as familias, a clase traballadora, as persoas autónomas non chegan a fin de mes, pero ven como o presidente da Xunta traballa para unha minoría, quitando recursos á maioría social, porque este pelotozo fiscal do PP significa menos recursos para sanidade, para educación, para dependencia ou para loitar cntra o cambio climático, en definitiva supón quitarlle recursos á maioría xusto na maior crise de prezos en corenta anos”, indicou a líder do BNG. 

Estamos falando, indicou, de agasallar con 37 millóns de euros aos máis ricos, a 7.000 millonarios, a unha minoría que dispón de máis dun millón de euros, sen contar o seu patrimonio inmobiliario, unha rebaixa media de 5.300 euros cada ano, o mesmo goberno do PP que acaba de suprimir a tarxeta básica de axuda á compra de alimentos e medicinas ás familias con máis dificultades”.  

Pontón lémbralle a Rueda que mentres fai agasallos fiscais ás rendas máis altas, “temos unha atención primaria colapsada, hai recortes en sanidade e educación, ou temos un sistema de residencias de maiores totalmente privatizado, falta de medios para atender a dependencia e moitas pequenas e medianas empresas están afogadas sen recibir axudas”. 

“Hai que recordarlle ao señor Rueda e ao Partido Popular que os impostos son os que pagan os servizos públicos, son os que nos permiten ter unha sociedade máis igual e máis xusta, é o que nos permite pagar a sanidade, a educación, as axudas a dependencia, as escolas infantís. Dime a quen lle baixas os impostos e direiche para que gobernas, e está claro que o PP goberna para os máis ricos, goberna para as grandes multinacionais, mentres ignora as pequenas  medianas empresas, e por iso lle baixa os impostos as rendas millonarias e se opón a subirlle os impostos ás eléctricas, as petroleiras, ou a banca”.  Pontón insiste en reclamar ao presidente da Xunta que mande a documentación dos orzamentos ao Parlamento antes do debate no próximo pleno, “porque temos dereito a saber que máis esconde neses orzamentos para 2023”. 

A líder do BNG tamén acusa a Rueda de estar ao ditado do PP de Madrid, de seguir instrucións de Feijóo e de Génova, “non actúa como presidente da Xunta, senón como militante obediente do Partido Popular,  e por iso fai o que lle di o seu xefe de filas, que neste caso é baixar os impostos aos máis ricos aos que lles vai perdoar 37 millóns de euros”. “Onte o presidente da Xunta dicía que tiña o seu propio criterio fiscal, hoxe vemos que o seu criterio é facer o que lle manda o PP de Madrid, aínda que vai en contra dos intereses de Galiza”, conclúe.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias