El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

SECTORES SANITARIO E SOCIOSANITARIO

O BNG apoia as demandas para a xubilación do persoal dos sectores sanitario e sociosanitario aos 60 anos

29-09-2022 15:14:47

MADRID | O Bloque Nacionalista Galego recolle as demandas formuladas polos sindicatos CIG, ELA, LAB e a Intersindical catalá e comprométese a traballar para que se recoñeza ao persoal sanitario e sociosanitario o dereito á xubilación aos 60 anos sen penalización tanto do ámbito público como privado. Así mesmo, defende a necesidade de abrir un proceso negociador para a modificación da lei para facilitar a xubilación e exixe un xiro na planificación sanitaria, até o de agora, baseada en recortar persoal, suprimir postos de traballo e privatizar o sistema sanitario.  

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantén unha reunión, xunto con representantes doutras organizacións políticas con delegados dos sindicatos soberanistas CIG, ELA, LAB e Intersindical catalá. Durante a xuntanza, as organizacións sindicais solicitaron o apoio dos grupos para a iniciativa que están a promover para que o Goberno do Estado artelle a xubilación do persoal da sanidade e dos sectores sociosanitarios aos sesenta anos. CIG, ELA, LAB e Intersindical catalá reclaman o recoñecemento, neste 2022, do dereito á xubilación aos 63 anos, ao igual que xa teñen recoñecido o resto de persoas traballadoras, e sen penalización, e aos 60 nesta lexislatura.  

“Durante a pandemia puidemos comprobar o importante labor que desenvolve o persoal sanitario e sociosanitario. A pesar de que nos últimos dez anos existiu unha nefasta planificación sanitaria a través do recorte de persoal, a supresión de postos de traballo e mesmo a privatización dos servizos públicos” explica o deputado do BNG. Unha situación á que se lle suma ter cadros de persoal cunha media de idade moi alta -máis de 50 anos- e con condicións penosas para o desempeño da súa actividade.  

En opinión do deputado nacionalista, o que están a solicitar as organizacións sindicais -CIG, ELA, LAB e a Intersindical catalá-  “é unha reivindicación xusta para o persoal sanitario e sociosanitario”. Esta medida só precisa da aprobación dun Real Decreto que modifique a Lei 40/2007 e “permita ao persoal sanitario e dos sectores sociosanitarios, que teñan os períodos e requisitos de cotización recollidos na norma, xubilarse aos 63 anos sen as penalizacións que marca a actual lexislación e percibir o complemento de xénero”. 

Alén do máis, Néstor Rego comprométese a traballar para que, nesta lexislatura, se recoñeza o dereito á xubilación aos 60 anos destes sectores, tanto no ámbito público como privado, e vinculalo á planificación dos cadros de persoal actuais ou futuros. “Isto depende de decisións políticas que non poden, en ningún caso, vulnerar os dereitos do persoal” finda o deputado do BNG. 

Cabe lembrar que o Bloque Nacionalista Galego xa ten presentadas varias iniciativas no Congreso para que o Goberno do Estado recoñeza os dereitos ao persoal sanitario e sociosanitario, como o dereito á xubilación parcial e anticipada, igual que acontece no resto de administracións. “Non é de recibo que as traballadoras e traballadores da sanidade, persoas que dedican a súa vida a coidar da saúde do conxunto da poboación, non teñan recoñecidos os mesmos dereitos” afirma Rego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias