El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso insta ao PP a apoiar a Lei do Xogo do PSdeG

03-10-2022 15:04:15
Valentín González Formoso (d).


SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, chamou hoxe ao PP a apoiar a proposición de Lei do Xogo que o Grupo Socialista defenderá mañá no Pleno do Parlamento. Formoso comparou este texto, consensuado cos afectados e centrado en protexer aos menores e colectivos sensibles, fronte ao anunciado pola Xunta a semana pasada, “vinculado aos intereses das casas de apostas”.  

“Mañá tramítase a toma en consideración da nosa Proposición de Lei, e veremos cal é a postura do PP”, dixo, e engadiu, que “se non a apoia, aínda enriquecendo” con emendas durante o trámite parlamentario, quedará claro que a súa proposta preserva os intereses dos grupos de capital risco que xestionan as casas de apostas que “campan ás súas anchas polas cidades de toda Galicia”.  

O responsable socialista explicou as diferenzas entre as dúas normas, por canto a do PSdeG despraza as casas de apostas a 850 metros dos colexios, unha distancia que o PP reduce a apenas 300 metros. Ademais, reclama a esixencia de DNI electrónico para a entrada dos locais e unha limitación de unha máquina de apostas por cada bar, que o PP quere duplicar. Ademais, os socialistas reclaman a “prohibición absoluta” dos caixeiros automáticos no interior das casas de apostas, que o PP nin sequera contempla, co que “estanlle a dar unha arma a un enfermo ludópata para que poida empregala contra el mesmo”.   

Formoso cualificou de “irresponsable” a proposta anunciada polo PP, que “prioriza os intereses das grandes compañías e das casas de apostas en detrimento do interese da maioría da sociedade galega, que quere que se protexa aos menores e os colexios” fronte a unha “grave ameaza nesas franxas de idade”. Un texto, o do goberno galego, que constitúe un “lavado de cara nun ámbito que leva sen regular dende 1986, cando hai casas de apostas online dende os anos 90”.


Rueda no sofá  

Amosouse ademais “convencido” de que o Goberno presentará un recurso contra a decisión da Comisión Europea, e reclamou que sexa presentado “en toda a súa extensión”. Neste sentido, chamou a “ir con tódalas consecuencias contra a actuación do comisario e reclamar unha medida cautelar de suspensión dun Regulamento que suporía a expulsión da flota galega dos 87 caladoiros de toda Europa”. 


Respecto aos concellos

O líder dos socialistas galegos afeoulle ao presidente da Xunta a súa “falla de respecto institucional” ao intentar incluír na rolda de encontros cos alcaldes a representantes políticos da Xunta e do PP. Rexeitou estas “artimañas que non van ter rédito político e que embarran”, ademais de supor un “paso atrás no respecto institucional que nunca faltou en Galicia”, e reclamoulle que “volva á senda do respecto ás persoas que representan” ás grandes cidades. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias