El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón propón fixar por lei o financiamento de atención primaria no 25% de todo o orzamento de sanidade

06-10-2022 14:50:00
Ana Pontón (c).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, elixiu un centro de saúde do Grove para anunciar que o BNG vai levar ao Parlamento unha iniciativa para fixar por lei o financiamento mínimo que debe ter atención primaria, en concreto, a proposta da formación nacionalista é que reciba o 25% do total dos fondos de sanidade cada ano. A porcentaxe non é arbitraria senón que é a recomendación que fai a OMS, fronte ao 12% que hoxe se destina en Galicia colocándose á cola do Estado. 

O obxectivo da proposición de lei é reforzar atención primaria porque “é o corazón do sistema sanitario e hai que bombearlle sangue, e ese corazón precisa unha transfusión, a proposición de lei que presentamos é a transfusión para que atención primaria recupere pulso e poida atender ás necesidades da poboación”, explicou Pontón desde o Salnés, “zona cero” da situación de colapso da atención primaria durante os meses de verán. 

A líder nacionalista cualificou de “temeridade” os recortes do Goberno do PP porque deterioran a calidade asistencial,  e avanzou que o BNG “vai dar a batalla política, social e da mobilización para defender a saúde dos galegos e das galegas, porque os recortes matan e non se pode seguir permitindo o deterioro brutal da atención primaria”, subliñou. 

Debilitar o público en beneficio do privado “é a folla de ruta” do PP ao longo de trece anos de goberno, denunciou, con decisións que van en contra do sistema público de saúde, particularmente contra atención primaria, con recortes, supresión das xerencias ou non formando persoal para cubrir as substitucións. Pontón destacou tres datos que explican o deterioro da sanidade pública. 

O primeiro é que hoxe a atención primaria ten 47 millóns de euros menos que en 2009, 277 M€ menos traducidos a euros constantes, “e con menos, faise menos”. O segundo dato é que Galiza está á cola do Estado en investimento en primaria, “cando debería ser ao contrario porque o nivel de envellecemento e a dispersión da poboación fai que sexan necesarios máis recursos”. O terceiro dato é que os galegos e as galegas recorren cada vez máis á sanidade privada, cun gasto que xa acada os 450 €/ano. 

“Son as cifras que deixan claro o que está pasando na sanidade pública e a posición do Partido Popular que é deteriorar a sanidade pública para seguir engordando o negocio privado. Xa está ben porque os recortes quen os paga é unha cidadanía que non ten pediatra, que ten lista de agarda para ir ao centro de saúde, á que lle cambian o seu médico ou médica de cabeceira de xeito continuado e todo isto non se pode aceptar como normal. De aí a proposición de lei para fixar no 25% de todo o orzamento de sanidade o financiamento que debe ir a atención primaria”, explicou Pontón. 

“Non podemos aceptar como normal non poder acudir a no noso médico ou médica de cabeira, non podemos aceptar como normal que no lo cambien cada día, nin tampouco que chegues ao centro de saúde e teñas a cita cancelada, é unha tomadura de pelo, unha falta de respecto e, sobre todo, pon en risco á saúde da xente”, concluíu, desde o centro de saúde do Grove, onde estivo tamén a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, o portavoz municipal, David Torres, e outros responsables locais e comarcais do BNG. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias