El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 1,5 millóns á formación para o emprego de 313 persoas no rural coruñés

14-10-2022 16:47:35
Un trabajador de PEL.

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, vén de asinar hoxe as contratacións que permitirán poñer en marcha a última fase de execución dos itinerarios formativos do proxecto PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural, destinados á persoas desempregadas da provincia dos Concellos de menos de 50.000 habitantes.  

Formoso destacou que o programa, cofinanciado polo Fondo Social Europeo cun investimento de 1,5 millóns de euros, “pretende facilitar a formación de máis de 300 persoas durante este ano en áreas con oportunidades laborais no rural coruñés coma o sector forestal, o turístico, o de servizos de atención a colectivos con necesidades especiais, a agricultura ou  a gandería, facilitándolles así o acceso a un posto de traballo”  

No marco do PEL Emprego Sustentable xa se desenvolveron as accións de preformación que permitiron a 208 persoas o acceso a formación especializada de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións e Xestión de Chamadas de Teleasistencia aumentando así a tan necesaria bolsa de profesionais nestes servicios. 

Noutros itinerarios contémplase a formación en Dinamización Comunitaria e dúas das primeiras accións que se desenvolven en Galicia e que permiten obter a titulación oficial de Guía de Itinerarios de Sendeirismo de Baixa e Media Montaña, así como accións de apoio e acompañamento ao Emprendemento en Economía Social e Sustentable. 

Coas contratacións que se asinan hoxe, cun valor en conxunto de 1.467.144,49€, desenvolveranse accións no ámbito agrario e gandeiro, dende o manexo e mantemento da maquinaria ata o impulso ecolóxico é innovador nas actividades do rural, xunto a formación en actividades forestais centradas na conservación e mellora de montes e o desenvolvemento de aproveitamentos forestais, así como a capacitación e operacións de vixiancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural. 

Outras 105 persoas poderán participar en tres actuacións de formación dual, con aprendizaxe en empresas de actividades que permitan a diversificación nas áreas rurais: elaboración de leites de consumo e outros produtos lácteos, operacións básicas de cociña, montaxe de mobles e elementos de carpintería e tratamento de residuos e reciclaxe. A Deputación continúa a amosar o seu apoio ás persoas con especiais dificultades de inserción na provincia, ofertándolles a posibilidade de mellorar a súa cualificación e abríndolles as portas do mercado laboral.


PEL Emprego sostible

O proxecto PEL-Emprego Sustentable, dotado cun orzamento total de 5,3 millóns de euros cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ten como finalidade mellorar a inserción sociolaboral de 885 persoas en situación ou risco de exclusión social no territorio rural da provincia da Coruña en sectores de actividade que teñen un maior potencial de crecemento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias