CURTIS | O Concello de Curtis, a través da Área de Promoción Económica, celebrará os próximos 29 e 30 de outubro a Exaltación do Cogomelo de Teixeiro, unha das citas máis populares relacionadas cos fungos.
Este encontro lévase realizando dende 1999 e este ano alcanza a súa XXII edicción. Durante ese fin de semana, este municipio da montaña coruñesa convertirase no epicentro dos aficionados á micoloxía e dos amantes da gastronomía relacionada con este produto, para os que se ofertan diversas propostas gastronómicas e culturais.
O pistoletazo de saída terá lugar o sábado 30 ás 10:30 horas cunha saída dende a praza de España (sita diante da Casa do Concello en Teixeiro) ó monte para a recollida de cogomelos por un experto en micoloxía da Asociación Pan de Raposo.
Xa o sábado un total de 22 establecementos hosteleiros de Curtis e Teixeiro participarán na ruta gastronómica polo que ofrecerán aos seus clientes unha especialidade de tapa preparada a base de cogomelos. Dende o Concello vense de editar unha guía na que se recollen as distintas posibilidades de ruta saltando de tapa en tapa e de local en local degustando diferentes ofertas gastronómicas. Pódese consultar aquí
O sábado á tarde dará comezo a X Ruada de Teixeiro, un evento organizado pola Asociación Faragullas e co que colabora o Concello de Curtis. A ruada levarase a cabo na Praza de España, diante da Casa do Concello. A partir das 17:00 horas levaranse a cabo curso de baile e percusión, ás 19:00 hora realizaranse cantos de taberna e a partir das 21:30 hora foliada aberta. Por suposto, tamén haberá lugar para pinchos, sorteos e ofértase lugar habilitado para durmir.
Xa o día seguinte, domingo 31, realizarase unha exposición de cogomelos de outono na Praza de España (diante da Casa do Concello) e de seguido continuarase coa ruta gastronómica polos locais de hostalería do municipio. Departamento de comunicación