El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso, sobre os orzamentos da Xunta: "Estamos ante as contas da resignación"

21-10-2022 18:37:43
Valentín Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, afea que os orzamentos “renuncien a fortalecer a sanidade e a educación e acusa a Rueda de ser un presidente “sen rumbo, nin plan”. Insiste que son as “contas da resignación” nos servizos públicos, co exemplo de que a atención primaria obteña só o 3% do incremento das contas. Reclamou tamén axudas para os sectores afectado pola inflación e unha aposta “máis ambiciosa” pola innovación.  

Hoxe, o líder dos socialistas galegos fixo unha primeira valoración dos orzamentos presentados onte na súa totalidade pola Xunta de Galicia, cara os que amosou a súa desconformidade e anunciou que presentarán as “emendas correspondentes para melloralos” no Parlamento nas distintas áreas de competencia. 

Reiterou que estamos ante un presidente e un goberno “sen rumbo, sen plan”, xa que está indo na dirección oposta ás recomendacións dos organismos económicos internacionais e das políticas dos gobernos de todo Europa, que piden maior protección dos sectores estratéxicos da economía e dos servizos públicos ante o escenario de “desaceleración”. 

Destacou que estas son as “contas da resignación” no ámbito dos servizos públicos. “Estamos a observar a renuncia da Xunta de Galicia a reverter o colapso sanitario que estamos a sufrir os galegos”, afirmou Formoso, que entende que a sanidade é “a peor tratada nos orzamentos”. 

O Estado aumentou a partido de transferencias á comunidade galega en máis de 1700 millóns de euros, o que permitirá á Xunta aumentar en 1000 millóns o seus orzamentos cara 2023. Polo tanto, isto tradúcese “nunha oportunidade perdida” para o líder do PSdeG, de “recuperar os 976 profesionais sanitarios máis que había hai unha década”.  

Incidiu en que “os galegos teñen que saber que de cada 1000 euros máis de orzamentos, soamente 33 irán cara a atención primaria”, polo que ante a situación de colapso que están a “sufrir os usuarios que esperan ata 25 días por unha cita co seu médico, cando lles collen o teléfono no Sergas” para Formoso precisa máis ca o 3% dos cartos que aumenta nos presupostos.  

Valentín González Formoso respecto á educación, destaca que perde peso relativo respecto ao resto das partidas orzamentarias. Isto, a pesar de que aumente o investimento en FP, grazas á aposta decidida pola Formación Profesional do goberno do Estado, que aportará gran parte dos cartos que aumentan o seu orzamento. 


Goberno sen rumbo na economía   

Atendendo e concreto ao aspecto industrial, criticou a inexistencia de suplementos económicos para os Pertes do Estado, especialmente para empresas como Stellantis, Showa Denko ou Altri, que aportan un gran número de postos de traballo a Galicia. Do mesmo xeito, solicitou maiores axudas para as industrias dun tamaño máis pequeno que están facendo fronte a custos de produción moi elevados que poñen en risco o seu futuro.  

Referiuse a sectores como a pesca, destacando a falla de axudas aos barcos que “moitas veces saen a faenar a perdas” ante a suba dos prezos de combustibles ou para o sector da pesca de arrastre que se verá afectado, polo de agora, polo veto da Comisión Europea aos 87 caladoiros.  

Formoso tamén fixo referencia á industria no rural, con especial atención á gandaría, denunciando que “as granxas, asfixiadas polos custes da enerxía, non teñen resposta” por parte do goberno galego. Así mesmo, falou dos transportistas, “chegando a deixar de traballar pola imposibilidade de facer fronte ás letras do seu camión”, que tampouco obteñen axudas nestes orzamentos. 

Tamén lamentou que non se aposte dende estas contas polo sector da innovación que, aínda que teña unha pequena subida no súa partida, segue sendo moi pequena, “unha nova oportunidade perdida para encarar o futuro e reverter a emigración dos mozos e mozas galegas”. Comparou a situación de Galicia coa dunha comunidade como Navarra, que coa metade do orzamento inviste máis do dobre por habitante en I+D+i.  

Por último, botou en falla que nos orzamentos non se reflectira o “regalo fiscal” aos 7700 millonarios de Galicia, polo que Formoso entende que a Xunta está a “agochalo”. Tamén en beneficios aos que máis teñen, subliñou que nos orzamentos hai unha rebaixa fiscal do 40% aos bingos “pola porta de atrás”, polo que preguntou se “para isto quería unha Lei do Xogo o PP?”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias