El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso e Reyes Maroto inauguran o Parador da Costa da Morte

A Deputación da Coruña investiu 2 millóns de euros na mellora dos accesos a esta infraestrutura.

22-10-2022 17:04:43
Valentín Formoso.

A CORUÑA | Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do Parador da Costa da Morte, nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen acompañou á Ministra de Turismo, Comercio e Industria do Goberno de España, Reyes Maroto; o presidente de Paradores, Pedro Saura; o director da instalación, Julio Castro Marcote; a Directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, o rexedor local, Iago Toba e os seus homólogos e homólogas da Costa da Morte. 

Precisamente, o presidente provincial aludiu á “unión desta comarca” como un dos piares fundamentais para a construción do nonaxésimo sétimo edificio destas características en España. “Hoxe é un día moi importante para a Costa da Morte, para a provincia, para Galicia e tamén para o noso país”, comezaba a súa intervención Formoso na quenda de discursos inaugurais. “Atopámonos hoxe aquí na provincia con máis extensión litoral de toda España; unha comarca de lendas, co maior número de naufraxios do mundo, o que nos fai pensar na súa singularidade”, proseguía. 

O afundimento por mor dunha brecha no Prestige supuxo un cambio no marco lexislativo europeo, situación á que fixo referencia o presidente da Deputación. “Imaxinádevos cantas catástrofes se evitaron desde aquel momento, non sen antes moito esforzo para implementar esta medida na frota europea”. Hoxe o Parador da Costa da Morte é un dos principais atractivos da Comarca, funcionando como foco de atracción turística para milleiros de turistas que logo se desprazan ata os municipios limítrofes. É o segundo mellor valorado da rede de Paradores e a súa ocupación está este mes por riba do 93%. 

“Quero resaltar a coordinación entre administracións nun ámbito de especial relevancia como é o Turismo: Estado, Xunta de Galicia, Concellos e Deputación da Coruña traballan en conxunto dunha maneira modélica”, sinalando o investimento do ente provincial con 2 millóns de euros para mellorar os accesos ao edificio. Formoso finalizou non sen antes agradecer “a toda a Comarca polo esforzo que fai de cara a Galicia”, e convidando “a que siga así de unida, porque ten moito futuro”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias