El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso denuncia o "maltrato da Xunta" ao Baixo Miño

25-10-2022 15:02:01
Valentín González Formoso (c).

TOMIÑO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou hoxe o municipio de Tomiño para coñecer de primeira man as demandas da comarca relativas aos orzamentos da Xunta cara 2023 e trasladalas a emendas parlamentarias. Denunciou o “maltrato da Xunta” nas súas contas ao Baixo Miño.  

O líder dos socialistas galegos visitou a localidade para respaldar á candidata á alcaldía, Violeta Santiago, así como escoitar as reclamacións á Xunta de Galicia dos veciños e veciñas da comarca trala publicacións do seu proxecto de orzamentos a semana pasada.  

Destacou que os distintos mandatarios locais cos que se reuniu trasladáronlle demandas que “non se están a pedir grandes luxos por parte dos compañeiros da comarca, senón cuestións básicas para mellorar a calidade de vida dos veciños”, como no caso de Tomiño, onde “soamente a metade da poboación ten saneamento”.  

Valentín González Formoso denunciou a desaparición nas contas do municipio tomiñés, cun “compromiso de cero euros da Xunta” e polo tanto, infraestruturas “necesarias” para a localidade e a comarca no seu conxunto, como a vía rápida que conecta os territorios que están a carón do Río Miño, conectando A Guarda, Tui ou a propia vila que visitou.  

Tamén atendeu ao sector primario, que “precisa de base territorial para ser competitivo” polo que solicitou á Xunta “máis compromiso, máis recursos” e máis intensidade para concretar un proxecto que de “máis postos de traballo e máis vida á comarca” como o da área parcelaria de Tomiño que leva 25 anos parada. 

Respecto á produción de viño, pediu que se den os instrumentos para que a súa produción se poida desenrolar da mellor maneira posible, xa que “é un sector moi querido por toda a poboación que ten ou tivo unha adega ou un familiar que viva disto”, polo que “Galicia sen o viño non é Galicia”, concluíu Formoso. 

Na súa visita á adega de Altos de Torona foi acompañado pola candidata do PSdeG na localidade, Violeta de Santiago, pola secretaria xeral da Guarda e o alcalde, Montse Magallanes e Antonio Lomba, o secretario xeral de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos, do candidato no Rosal, José Carlos Martínez Crespo, así como do xerente da adega, José Antonio Torres. Entre os presentes tamén estiveron do Partido Socialista portugués en Vilanova de Cerveira, Renato Correia Domínguez e Joao Gonçalves. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias