SANTIAGO DE COMPOSTELA | A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou que é "lamentable" a "guerra civil" entre alcaldes do PSOE que, na súa opinión, "poden lastrar" a candidatura galega da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia).
Despois de coñecerse esta semana que A Coruña será a cidade que contará co apoio da Xunta para ser candidata á sede da Axencia, en detrimento das candidaturas de Santiago de Compostela e de Ourense, Paula Prado sinalou que "menos mal" que expertos e universidades "pechan filas" contorna á candidatura que "reúne os mellores requisitos técnicos". Ler máis