El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón exixe o compromiso da cimeira ibérica para garantir a conexión de alta velocidade por tren entre Vigo e Porto en 2030

02-11-2022 15:09:10
Ana Pontón (c).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, sinalou á conexión de alta velocidade por tren entre Vigo e Porto para 2030 como “unha das prioridades que deben marcarse na cimeira ibérica” que celebrarán o venres os Gobernos español e portugués en Viana do Castelo, unha infraestrutura que considerou estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia.   

Pontón afirmou que “é o momento de que desa cimeira saia un impulso ás conexións entre Galiza e Portugal por tren e ten que haber un acordo para que a saída sur de Vigo sexa unha realidade no ano 2030”, data para a que o Executivo portugués fixa a súa propia conexión de alta velocidade Lisboa-Porto coa cidade olívica. Logo de recordar que xa se levan feito cinco estudos cun custe de catro millóns de euros sobre a saída sur de Vigo, a líder nacionalista advertiu que “o tempo dos estudos xa pasou” e recalcou que este ten que ser “o tempo dos proxectos, dos orzamentos, de dotar de prazos concretos a liña Vigo-Porto e de que o Goberno español asuma un compromiso real cunha liña que é estratéxica para o desenvolvemento económico de Galiza”.   

Así o afirmou ao remate da reunión do grupo de traballo de mobilidade do BNG celebrada en Vigo na que tamén participaron a eurodeputada Ana Miranda, o portavoz municipal en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, o deputado Luís Bará e a deputada Carmela González, e os autores do informe 'O Ferrocarril en Galicia', Miguel Pazos e Mateo Varela, aos que Pontón agradeceu a súa presenza no encontro.  

A portavoz nacional do Bloque incidiu en que Galiza e o norte de Portugal suman 6,5 millóns de habitantes -máis que algúns estados da contorna como Dinamarca, Irlanda ou Finlandia- e que o eixo atlántico que conecta a rexión urbana do Golfo Ártabro coa de Lisboa é unha das 40 megarrexións mundiais máis importantes, polo que considerou que “nun momento no que o desenvolvemento económico vaise acometer en megarrexións, Galiza está nunha posición importante para aproveitar todo ese potencial".  

Neste sentido, recordou que Galicia é a primeira comunidade do Estado cliente de Portugal e a terceira provedora o que, ao seu xuízo, dá conta do alcanza económico actual, pero sobre todo, “da potencialidade a futuro” desta relación bilateral, da que, segundo dixo, “ten que ir a máis porque vai traer beneficios a ámbolos dous lados da Raia”. Así, apostou pola creación dunha alianza estratéxica de Galiza con Portugal, asentada sobre piares institucionais -entre os que apuntou a proposta nacionalista de crear unha sede permanente galega en Lisboa- e acompañada do impulso de infraestruturas de mobilidade, enerxéticas, tecnolóxicas e dixitais, para conformar “un gran polo de desenvolvemento atlántico galego-portugués” que funcione ademais coma “contrapeso fronte a ese modelo radial que todo o quere sumar en Madrid e fronte ao lobby económico que se ten posto en marcha no Mediterráneo”.  

Pontón insistiu na necesidade de “facer valer os intereses” dos galegos e as galegas e “poñer a Galiza no mapa” coa defensa de infraestruturas que son “estratéxicas para o noso futuro” e, neste contexto, criticou á Xunta que “nin está nin se lle espera”, logo de 13 anos perdidos sen defender as conexións con Portugal e limitándose a querer apuntarse “a última hora” a este asunto para “tapar as súas responsabilidades” porque, segundo apuntou, “nestes anos non fixo ningunha acción relevante para impulsar esta conexión estratéxica para o noso futuro”.     

Mentres a nova liña de alta velocidade non estea operativa, a líder nacionalista considerou preciso acometer melloras nas prestacións da actual liña ferroviaria Vigo-Porto, entre as que apuntou a posta en funcionamento de trens eléctricos en substitución dos actuais a diésel, o que permitiría reducir en 30 minutos os tempos de viaxe; ampliar o número de servizos, xa que nestes momentos só hai dúas conexións de ida e dúas de volta; estender durante 2023 a actual oferta de viaxe Vigo-Porto a prezo reducido; e aproveitar a liña galega do Miño como un servizo de proximidade que conecte toda a área metropolitana viguesa. 

Preguntada polos servizos ferroviarios de proximidade, recordou que é responsabilidade do Executivo galego articular servizos de calidade e, neste sentido, defendeu a proposta nacionalista para crear unha entidade galega co obxectivo de desenvolver o ferrocarril de proximidade no conxunto do País, tal e como acontece noutros territorios como Cataluña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias