SANTIAGO DE COMPOSTELA | As propostas lexislativas do Goberno galego para reformar o marco normativo do xogo e para estabilizar máis de 10.300 prazas na administración superaron o primeiro trámite parlamentario co rexeitamento, grazas á maioría absoluta do Partido Popular, das emendas á totalidade presentadas pola oposición.
Ambos os textos protagonizaron o arranque da primeira sesión plenaria do mes de novembro, que botou a andar este martes coa elección por unanimidade de Ana Fernández Roca como nova membro do Consello Social da Universidade da Coruña. Ler máis