SANTIAGO DE COMPOSTELA | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que no próximo exercicio introducirase unha bonificación do 15% no recibo da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) a todos os municipios que "se comprometan a instalar o quinto colector, o colector marrón" para seguir mellorando o procedemento de separar residuos.
Rueda realizou este anuncio na sesión de control da Cámara, tras a polémica xerada pola decisión da Xunta de eliminar a bonificación do 10% sobre o canon ao lixo. A oposición en días pasados e leste mesmo mércores, advertiu de que esta medida se traduciría nunha subida do recibo para o cidadán, mentres que a Xunta insistía en que a competencia era exclusivamente municipal. Ler máis