SANTIAGO DE COMPOSTELA | O pleno do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e reunido en sesión extraordinaria, deu luz verde por unanimidade ao punto tres, unha aprobación de crédito extraordinario por importe de 300.000 euros destinados a unha subvención á empresa Sionlla Biotech, SL., para a execución do Centro de Servizos Innovadores para empresas biotecnolóxicas.
Esta axuda permitirá adecuar á infraestrutura do equipamento adecuado que permita un uso colaborativo das instalacións dotándoas de sistemas de seguridade axeitados ao nivel que van a precisar as empresas usuarias; mellorar a súa eficiencia enerxetica e asegurar un nivel de subministro enerxético que garanta unha axeitada conservación dos activos de empresas; e o uso óptimo das tecnoloxías da comunicación. Ler máis