El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

María Muíño: "Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade"

14-11-2022 16:44:32
Presentación De Fronte.

A CORUÑA | A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, volve activar a campaña “DE FRONTE á violencia de xénero” co obxecto de incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza, pero sobre todo tendo en conta a tecnoloxía como elemento facilitador das desigualdades de xénero e de prácticas de violencia machista. 

“Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade” explicou María Muíño durante a presentación da campaña. A deputada indicou que “1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creao polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres”. 

Ante o escenario que presentan estes datos estatísticos, María Muíño asegurou que “a Deputación quere contribuír a crear contextos de sensibilización e educación dos máis mozos e máis mozas, e dotalos de ferramentas para que sexan quen de recoñecer e visibilizar a violencia machista e a desigualdade”. A deputada insisitu no obxectivo de “poñerse de fronte ás situacións de violencia e non ser cómplices, para seren quen de darlle a volta e promover unha sociedade do futuro na que non exista lugar para a violencia machista, nin para discursos e actitudes que alimenten a súa pervivencia”. 


Programación

.- Ciberquedada para público xuvenil: as violencias dixitais {/strong}serán o fío condutor dunha gran quedada que se restransmitirá o día 23 de novembro desde o IES Rosalía Mera e na que participará alumnado de máis dunha vintena de centros educativos de secundaria. Esta actividade estará dirixida por persoal técnico especializado en violencias dixitais. 

.- Vídeos: Melania Cruz será a cara visible dos microvídeos que se colgarán o luns 21 na web da campaña, e que ofrecerán información para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital, traballando temáticas como ciberacoso, sexting, sextorsión, grooming. 

.- Merchandasing: a submisión química será o tema central que se abordará nesta acción. Trátase de facer visibles os casos de submisión química que se están a producir nos últimos anos e o perigo que implican para a integridade física e emocional das mulleres. Entregaranse 10.000 vasos co logo da campaña en centros educativos e na ciberquedada, chamando a atención sobre a necesidade de todas as persoas por igual de desfrutar das bebidas con seguridade. 

.- Actividades específicas: crearase un xogo interactivo para público infantil e realizaranse actividades in situ en centros que traballan con persoas con diversidade funcional. Todas as actividades están deseñadas e coordinadas por persoal técnico especializado. 

.- Acto institucional 25N: o día 25 de novembro ás 09:45 horas no IES Puga Ramón realizarase a lectura institucional por parte da deputada de Igualdade, na que participarán persoal docente e alumnado do centro e membros da corporación provincial. Neste acto, o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación realizará a estrea dun espectáculo preparado ad hoc para este día.


Relación de IES participantes   

.- IES Manuel Murguía (Arteixo)  

.- IES Leliadoura (Ribeira)  

.- IES de Brión (Brión)  

.- CPI Xanceda (Mesía)  

.- IES Rosalía Mera (A Coruña)  

.- IES A Cachada (Boiro)  

.- IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)  

.- IES Breamo (Pontedeume)  

.- IES Nº 1-Ribeira (Ribeira)  

.- CPI Ciaño Pequeno (Trazo)  

.- CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame)  

.- IES Alfredo Brañas (Carballo)  

.- IES ORDES (Ordes)  

.- IES Espiñeira (Boiro)  

.- IES Isaac Díaz Pardo (Sada)  

.- IES Rego de Trabe (Culleredo)  

.- IES de Pastoriza (Arteixo)  

.- CPI de Zas (Zas)  

.- IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes)  

.- IES Félix Muriel (Rianxo)  

.- IES Maximino Romero de Lema (Zas)  

.- CPI Pecalama (Tordoia)  

.- IES Cacheiras (Teo)  

.- IES Camilo José Cela (Padrón) 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias