El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Nacen os "Premios do Deporte" da Deputación

Establécense 12 categorías diferentes e o prazo de presentación de candidaturas comprende desde o 16 ata o 31 de xaneiro de 2023.

15-11-2022 15:29:54
Cristina Capelán.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña crea os ‘Premios do Deporte Deputación da Coruña’, unha iniciativa coa que se pretende recoñecer a actividade dos deportistas e entidades máis destacadas da provincia. 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases destes novos galardóns, que buscan distinguir publicamente ás persoas e entidades da provincia que destaquen pola súa traxectoria deportiva, logros acadados ou a súa contribución ao fomento da práctica deportiva. Poderán presentar candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que teñan relación ou estean interesadas na práctica ou promoción do deporte. Ademais, os membros que formen parte do xurado poderán presentar candidaturas ao resto dos membros. 

Establécense 12 candidaturas diferentes de premios: Mellor deportista masculino, Mellor deportista feminina, Mellor deportista veterano masculino, Mellor deportista veterana feminina, Mellor deportista promesa masculino categoría base, Mellor deportista promesa feminina categoría base, Mellor deportista con diversidade funcional masculino, Mellor deportista con diversidade funcional feminina, Mellor adestrador, Mellor árbitro/a xuíz/a, Mellor entidade colaboradora e Premio a toda unha vida dedicada ao deporte. 

Ademais, o xurado resérvase o dereito de realizar ata catro mencións, sempre que o considere oportuno, para aquelas persoas ou entidades que desenvolvesen unha actuación no ámbito do deporte digna de ser destacada a nivel provincial. Os premios consisten nun galardón conmemorativo e un diploma acreditativo, ademais do recoñecemento social que a Deputación promoverá a través dos medios de comunicación e das súas redes sociais. O prazo de presentación de solicitudes iníciase o luns 16 de xaneiro de 2023, e remata o martes 31 de xaneiro, ás 14 horas. As solicitudes tramitaranse sempre de xeito telemático a través da sede electrónica da Deputación. 

O xurado estará presidido pola deputada de Deportes, Cristina Capelán, xunto con cinco xornalistas deportivos ou persoas de recoñecido prestixio no ámbito do deporte. O ente provincial organizará unha Gala do Deporte, aínda sen data establecida, na que se convidará as persoas e entidades participantes, onde se fará pública a concesión dos premios, facendo entrega de todas as distincións aos premiados. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias