El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso acusa ao Sergas de querer crear un "Amazon Sanitario Galego"

17-11-2022 15:46:48
Valentín González Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anticipou hoxe unha “oposición frontal e contundente” do seu partido fronte a “axenda oculta de desmantelamento de sistema sanitario galego que ten o PP na Xunta, aos que acusa de querer facer do Sergas un “Amazon Sanitario Galego”, onde prime a “precariedade laboral, sen contacto co cliente e facer negocio”.  

O líder dos socialistas galegos subliñou a súa “profunda preocupación” polo “deterioro e desmantelamento” do sistema sanitario galego que está a realizar o PP, especialmente tras algunhas decisións adoptadas e outras anunciadas do Sergas que foron denunciadas dende o Colexio de Médicos de Galicia xa que atacan á sanidade pública e poderían ser incluso ilegais.  

Asegurou que o goberno da Xunta ten “unha axenda oculta” de privatización do Servizo Galego de Saúde que leva a situacións límite como os PACs onde non hai médicos, pediatras ou persoal de enfermaría, como no caso da área sanitaria do Salnés. Formoso resaltou que o PSdeG sempre estivo do lado dos profesionais e pacientes para defender a sanidade pública, que é “unha bandeira” do seu partido, polo que loitarán “frontalmente” para defender os dereitos dos sanitarios e o da cidadanía a unha atención sanitaria de calidade.  

Confirmou que reunirán ao seu comité de expertos en sanidade para valorar distintas medidas alternativas, así como que se incorporarán ao grupo xuristas, xa que estudiarán se as accións da Xunta teñen merecen de responsabilidade xurídicas como así indica o Colexio de Médicos de Galicia.  

O secretario xeral dos socialistas asegurou que a Xunta quere implantar o modelo laboral da multinacional Amazon que se caracteriza por estar afastado das persoas que reciben o servizo, xa sexa cliente ou, neste caso, paciente, pola desmorarización das plantillas pola alta precariedade laboral dos seus traballadores, e por primar o beneficio por riba de todo.  

A comparativa foi afondada por Formoso ao sinalar que “moitas enfermeiras e enfermeiros do sistema galego teñen menos estabilidade laboral que un mozo de almacén de Amazon”, respecto ao afastamento dos pacientes, claramente referenciou ao sistema de teleasistencia do Sergas, e as derivacións das operacións “máis rendibles á privada” como modo de primar o beneficio empresarial.  

Esta situación ven acompañada de “medidas rocambolescas” dende a dirección do Sergas e a Consellería de Sanidade galega, entre as cales Formoso enumerou a atención telefónica con entre 11 e 25 días de lista de espera, así como o intento de “que un pediatra atenda a un neno a través dunha tablet”, aínda que deron marcha atrás trala mobilización social do domingo pasado.  

O goberno galego mostra unha clara debilidade para o representante socialista ao seguir o rumbo que marca Ayuso, que ten máis capacidade de decisión sobre as políticas da Xunta que o propio Rueda, como xa se puido ver trala bonificación patrimonial aos millonarios que copiou de Madrid.   


MIR: cortina de fume  

Respecto á petición de máis prazas MIR para Galicia do Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, Formoso recordou que o goberno de Pedro Sánchez aumentou nun 30% as prazas ofertadas, así como que o responsable da Xunta está poñendo o foco intencionadamente nunha polémica que non é tal, xa que os profesionais deciden irse a outras comunidades ou autonomías unha vez finalizado o proceso de formación polas condicións laborais de Galicia.  


“Esforozo" coa rebaixa dos peaxes

O líder dos socialistas galegos, a preguntas dos xornalistas, tamén aludiu ao incremento das peaxes da autoestrada AP-9 ao esixirlle á concesionaria “que sexa sensible á situación das familias galegas” derivado do incremento dos custes da vida. Neste sentido, avanzou que dende o PSdeG solicitará unha reunión coa firma concesionaria para ter interlocución directa e demandar que a actualización de tarifas se faga “de forma razoable”.  

Engadiu Formoso que iso era o que tiña que estar facendo o presidente da Xunta, “afrontar este reto dándolle a cara aos problemas” e non dedicarse a botar balóns fóra ou a confrontar sistematicamente co goberno de España. Dixo tamén que Rueda “ten que saber que a concesión da Autoestrada do Atlántico dura 40 anos máis” porque así o autorizou o goberno de Aznar, así o permitiu o Partido Popular do que Alfonso Rueda é militante.  

Tamén puxo en valor el secretario xeral do PSdeG o “esforzo enorme” que está facendo o goberno de Pedro Sánchez para garantir a mobilidade a prezos xustos, tanto coa gratutidade dos traxectos ferroviarios de media distancia como coas importantes bonificacións das peaxes das autoestradas, medidas que nunca foi tomada polo PP e que teñen un custe anual que ronda os 60 millóns de euros.  

“Hai un esforzo enorme que Rueda oculta”, dixo Formoso en alusión ás rebaixas que se aplican nas peaxes, e apuntou que a Xunta tiña que estar a traballar tamén nesa dirección, abordando e solucionando os problemas, “e non contribuindo a engordalos mediaticamente”, como asegura que fai o presidente da Xunta. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias