El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

A Xunta destaca que os orzamentos de 2023 son solidarios, solventes e fonte de dinamización económica

As contas de 2023 ascenden a 12.620 millóns, e son as máis altas da historia de Galicia.

21-11-2022 16:01:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe que os orzamentos do vindeiro ano son solidarios, solventes e unha fonte de dinamización económica. Así o expuxo durante a súa intervención no Debate de Totalidade do Proxecto de Orzamentos de 2023 onde sinalou que estas contas achegan certezas aos axentes económicos e á cidadanía, algo esencial para favorecer o crecemento económico. 

Neste sentido, o conselleiro subliñou que os orzamentos do ano que vén parten dun cadro macroeconómico sólido e contrastado, e contan co aval da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIREF). Miguel Corgos afirmou ademais, que Galicia recuperará, xa a principios de 2023 e antes que a media de España, a riqueza prepandemia.


O orzamento máis alto da historia

Os orzamentos de 2023 ascenden a 12.620 millóns de euros, os máis altos da historia de Galicia e nacen co obxectivo de axudar, protexer e acompañar ás familias que máis o necesiten e ás empresas na conxuntura actual. Ademais, son tamén uns presupostos de impulso, do impulso que Galicia necesita. 

Un impulso baseado nunha política fiscal propia e previsible que aposta por baixar os impostos todo o posible; no reforzo constante e continuo dos servizos públicos, no endebedamento responsable e en máis reforzo no investimento produtivo. Neste marco, os presupostos de 2023 reforzan un ano máis o gasto social, é dicir, a sanidade, a educación, as políticas sociais, e o fomento do emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.368 millóns de euros (709 millóns máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego. 

Tamén inclúen un reforzo do investimento produtivo, de forma que o vindeiro exercicio, a Comunidade disporá de 2.772 millóns de euros para investimentos, un 8,5% máis que no 2022 co obxectivo de axudar a impulsar investimentos que aceleren a transformación do tecido produtivo, en especial, mobilizando os fondos europeos Next Generation, apoiando aos sectores produtivos estratéxicos, e fomentando un tecido produtivo moderno, eficiente, internacionalizado e sustentable. 

Segundo explicou Miguel Corgos os orzamentos de 2023 tamén reforzarán con máis de 500 millóns adicionais cinco liñas prioritarias de actuación para acompañar a familias e empresas nesta conxuntura de alza de prezos e con medidas para impulsar a competitividade. As liñas de actuación inclúen medidas de apoio e protección das familias e das persoas máis vulnerables; medidas de aforro e eficiencia enerxética; medidas de dinamización económica; medidas de protección do medio ambiente, loita contra a seca e o cambio climático; e finalmente medidas de fortalecemento dos servizos públicos autonómicos. 

Estas cinco liñas están perfectamente encaixadas na planificación deseñada no Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, de feito, estes, serán os primeiros orzamentos en clave Galicia 2030 nos que se inclúan as prioridades dos eixos e obxectivos estratéxicos da folla de ruta trazada pola Xunta para esta década.


Modelo fiscal propio e previsible  

Durante a súa intervención, o conselleiro de Facenda e Administración Pública explicou que Galicia ten un modelo fiscal propio e previsible cunha senda propia desde hai máis dunha década. Neste sentido, subliñou que no 2023 as familias son o centro das políticas de loita contra a inflación mediante baixadas nos impostos. 

Así, en materia de política fiscal, os orzamentos recollen unha serie de medidas para mitigar os efectos da inflación na renda dispoñible das familias e reforzar o impulso da reactivación económica. No Imposto da Renda, defláctanse con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2022 os tres primeiros tramos do IRPF e rebáixase por cuarta vez en nove anos o IRPF, neste caso, o tramo autonómico máis baixo para rendas máis modestas, que pasa do 9,4% ao 9%. Os cidadáns galegos aforrarán na declaración de 2023 unha media de 476 euros en relación ao que pagaban en 2009. 

Por outra banda, Galicia será a primeira comunidade en equiparar a efectos fiscais as familias con dous fillos ás familias numerosas cunha dedución de 250 euros no IRPF. Tamén se duplica a dedución que se aplica ás familias numerosas co que a dedución das familias con tres fillos será de 500€, cun aumento doutros 250€ por cada fillo a maiores. 

Ademais, a Xunta seguirá a senda marcada para o Imposto de Patrimonio, e consolidará outras rebaixas xa aprobadas en anos anteriores como a baixada do tipo xeral no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Onerosas ata o 9%; os tipos reducidos para mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade, o Programa de Impostos 0 no rural ou a eliminación do Imposto de Sucesións para o 99,9% das herdanzas directas. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias