El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

SÁHARA OCCIDENTAL

Ana Miranda, nomeada vicepresidenta do Intergrupo da Eurocámara de Apoio ao Sáhara Occidental

23-11-2022 15:57:06
Ana Miranda (1i).

BRUXELAS | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de ser nomeada vicepresidenta do Intergrupo do Parlamento Europeo de Apoio ao Sáhara Occidental, en representación do grupo Verdes-ALE, do que forma parte o Bloque. A asunción desta función na Eurocámara supón un paso máis nas estreitas relacións entre o BNG e o Sáhara Occidental, materializadas en diversas iniciativas parlamentares e reunións no Parlamento Europeo cos seus lexítimos representantes.  

“Queremos amosar todo o noso apoio ao pobo saharauí, desenvolver novas iniciativas e denunciar o cambio de postura do goberno español”, subliña Ana Miranda, quen ao longo da reunión agradeceu a confianza do resto de integrantes do Intergrupo -integrado por deputados e deputadas de catro grupos políticos da Eurocámara- para que como eurodeputada do BNG puidera asumir esta nova función.  

Miranda avanzou que o Bloque seguirá impulsando iniciativas de apoio as reclamacións do pobo saharauí e neste sentido anunciou a súa participación, o vindeiro 2 de decembro, na Conferencia Europea de Solidariedade e Apoio ao Pobo Saharauí (EUCOCO), que se celebrará en Berlín. A EUCOCO é a cita anual máis importante do movemento de solidariedade europeo co Pobo Saharauí na que participan delegacións de todo o mundo.  

Ademais, en febreiro celebrarase unha Conferencia de Xuristas e o Intergrupo agarda a sentenza europea que, segundo o esperado, dará a razón ao Fronte Polisario. Por outro lado, o Intergrupo tamén seguirá denunciando ás ilegalidades cometidas por Marrocos. “Seguiremos denunciando a ocupación ilegal do Sáhara por parte de Marrocos desde hai máis de 45 anos, que lamentablemente conta co consentimento do Estado español, así como o espolio dos seus recursos naturais”, salientou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias