El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL GALLEGO

Rafael Louzán, reelixido presidente da Real Federación Galega de Fútbol

24-11-2022 15:16:46
Rafael Louzán.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Rafael Louzán cumprirá o seu terceiro mandato á fronte da Real Federación Galega de Fútbol. En decembro de 2014 gañara as súas primeiras eleccións á presidencia da Federación, repetindo de maneira maioritaria en decembro de 2018 e agora de xeito unánime volve gañar un proceso electoral que o confirma como a persoa na que os clubs, xogadores, adestradores e árbitros confían para seguir dirixindo o fútbol galego.  

Louzán foi o único candidato que se presentou, o que permitiu adiantar os prazos para a toma de posesión, que se confirmou onte. Nas vindeiras semanas serán convocados todos os asambleístas elixidos para constituir a nova Asemblea Xeral e dar o pistoletazo de saída do novo período 2023-2026, de novo con Rafael Louzán á fronte. 

O presidente quere facer público o seu agradecemento “a todos os estamentos do fútbol galego” pola “confianza depositada na miña persoa, nos directivos que me acompañan e en todo o equipo de traballo que formamos a Real Federación Galega de Fútbol”. 

Para Louzán este será o seu terceiro mandato á fronte da RFGF, pero “manteño a ilusión do primeiro día”. “Creo sinceramente que se avanzou moito nos últimos anos, nos que tivemos que facer fronte a unha pandemia mundial para a que ninguén estaba preparado. Seguramente cometemos erros, pero cando cheguei á presidencia xa dixen con claridade que eu non viña á Federación para poñerme de perfil. Eu estou aquí para tomar decisións e poñer iniciativas en marcha, sempre pensando no beneficio do noso fútbol, do noso fútbol sala, do fútbol gaélico e tamén agora do fútbol a pé. O noso compromiso é maior aínda, se cabe, despois do unánime apoio mostrado por todos os estamentos neste proceso electoral. Estou enormemente agradecido e que teñan todos claro que seguiremos traballando sen parar para beneficio dos nosos clubs, dos nosos xogadores, dos nosos adestradores, dos nosos árbitros e, en definitiva, do noso fútbol”, engade o presidente. Nos vindeiros días o presidente dará a coñecer a composición da Xunta Directiva para o ciclo 2023- 2026. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias