El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Formoso reivindica as axudas do Goberno ao coidadores dos dependentes

30-11-2022 15:16:58
Valentín González Formoso.

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aproveitou a súa visita á asociación AFAGA na cidade olívica para coñecer de primeira man as súas instalacións e as demandas de enfermos e familias, incidindo na importancia da políticas de protección social e do traballo realizado polo goberno para axudar aos coidadores das persoas dependentes.  

O líder dos socialistas galegos visitou hoxe a asociación AFAGA, á que pertencen distintos enfermos de Alzheimer e outras demencias, así como familiares, e que fai un labor de formar e sensibilizar sobre esta grave enfermidade. Subliñou a importancia dunha visita a un lugar de “referencia para todo aquel ao que lle preocupe a protección social”.  

Valentín González Formoso resaltou as accións do goberno central para axudar a estas persoas e os seus familiares, recuperando a cotización á seguridade social a cargo do Estado dos “coidadores non profesionais”, persoas que teñen que “renunciar á súa vida” para coidar dos seus achegados enfermos, ata 1.800 persoas só na provincia de Pontevedra. Este goberno tamén se comprometeu a actualizar as súas bases de cotizacións de forma anual. 

Así mesmo, destacando a “importancia do traballo desta xente”, non dubidou en recordar que foi o anterior executivo, do popular Mariano Rajoy, o que retirou o pago desta cotización de forma “dura”, abandonando así, para Formoso, aos 70.500 enfermos de Alzheimer en Galicia e os seus familiares.  

Pola súa banda, o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez Fernández, agradeceu a visita ao líder socialista para “coñecer directamente as necesidades das persoas afectadas” polo que a OMS considerou “epidemia do século XXI” pero quedou esquecida trala pandemia, polo que incidiu na urxencia de que a loita contra o Alzheimer que afecta a 300.000 enfermos e familiares en Galicia, “volva a estar na axenda política”.   


Visita ao Grupo Pereira  

Formoso visitou antes no porto de Vigo a factoría da pesqueira Pereira, resaltando que é “unha empresa galega con 60 anos de antigüidade que opera con naves dispersas por todo o mundo”, en países tan diversos como Mauritania ou China e conta con 1.100 empregados en plantel. Un exemplo para o líder socialista como foron capaces de adaptarse aos novos tempos instalando novos medios para ter unha maior eficiencia enerxética, responsable co medio ambiente, ao verse gravemente afectados pola suba dos prezos da electricidade.  

O número un dos socialistas galegos acudiu á visita da organización con sede en Vigo acompañado da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, a voceira da Executiva Nacional do PSdeG, María Pierres, da responsable de pesca socialista e parlamentaria, Patricia Otero, a secretaria de Emprendemento e Dinamización Económica, Mónica Rodríguez Ordóñez, e a parlamentaria viguesa Leticia Gallego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias