SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Consello Galego de Colexios de Médicos manifesta o seu "máis profundo malestar e rexeitamento" ás declaracións do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión mantida na tarde noite do martes e desmárcase de "decisións de xestión" que poida adoptar a Xunta "como un eventual peche ou reorganización" dos centros de saúde e os puntos de atención continuada (PAC). Ler máis