SANTIAGO DE COMPOSTELA | A plataforma Nunca máis remitiu un documento ao Goberno central, coincidindo co 20 aniversario da manifestación en Santiago de Compostela en contra da catástrofe do Prestige, sobre "os asuntos pendentes, aínda sen resolver, e os temas importantes para que outro Prestige non sexa posible".
O portavoz da plataforma, Xaquín Rubido, sinalou hoxe en Santiago que "grazas ás mobilizacións do Nunca máis conseguíronse grandes melloras en salvamento marítimo, tanto no ámbito normativo como nos medios de protección", pero que "segue habendo un problema estrutural co tráfico diante das costas". Ler máis