El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso denuncia o "completo abandono" aos concellos do rural por parte da Xunta

07-12-2022 16:11:35
Valentín González Formoso.

POBRA DE TRIVES | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou o “completo abandono” aos concellos do rural por parte da Xunta no marco dunha visita á comarca de Terra de Trives, onde coñeceu de primeira man a situación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda e mantivo unha xuntanza cos alcaldes a alcaldesas para escoitar as súas demandas. 

No transcurso da sua visita á Pobra de Trives, o líder dos socialistas galegos denunciou repasou os problemas común que teñen os municipios das comarcas de Terra de Trives e Terra de Caldelas, que van desde a exclusión financeira, con oficinas bancarias que abren só un día á semana, períodos amplos sen médico na atención primaria, ou insuficiencia na dotación de solo industrial para acoller iniciativas que axuden a fixar poboación, pois entre Ourense e a comarca de Valdeorras non existe ningún parque empresarial. 

Esta zona ten unha gran singularidade ao contar coa estación de montaña de Cabeza de Manzaneda no seu territorio, o que “debería ser un motor económico da comarca”, pero que para Formoso adoece da mala xestión autonómica e provincial, que leva a que estea totalmente desaproveitada para volver a dotar de vida a uns concellos que sofren especialmente o despoboamento.  

Formoso subliñou que arrastra moitos anos de “débedas permanentes das que se deben facer cargo as administracións públicas”, unha mala xestión económica da que responsabilizou á Xunta e á Deputación de Ourense polo que considera un “burato negro” na súa xestión. 

O aspecto máis importante é o de dar garantías aos traballadores da estación que actualmente están nun gran estado de incerteza. Formoso resaltou que “merecen unhas institucións que se preocupen polo seu futuro laboral”, xa que “son moitas familias na comarca” as que dependen desta actividade. 

O secretario xeral do PSdeG resaltou a “potencialidade turística” do lugar para Galicia, especialmente ao non ter ningún outro punto comparable no país. Esa singularidade merece para el unha aposta das administracións que non foi tal por parte das administracións autonómica e provincial que dirixe o PP.    

Salientou tamén que os socialistas tiveron o “maior compromiso e preocupación” con esta estación de montaña no goberno de Pérez Touriño, e que “cando volvamos á Xunta” crearán “un comité de coordinación entre as administracións municipais, coa Xunta Deputación e Ourense e Goberno do Estado, implicándonos todos no que vai a ser un dos motores da comarca sen dúbida algunha”, alegou. 

Pola súa banda, Patricia Domínguez, alcaldesa de Pobra de Trives, agradeceu ao socialista a súa visita para “escoitar os problemas da vila, darlles voz e poñerlles solución”. Incidiu na delicada situación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda que ten un gran atraso respecto a outros puntos similares do resto de España. 

O secretario xeral dos socialistas estivo acompañado, ademais da alcaldesa anfitrioa, por Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas; Aquilino Domínguez, alcalde Parada de Sil; Amable Fernández Basalo, alcalde Manzaneda, e o secretario provincial do PSdeG, Rafael Villarino. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias