SANTIAGO DE COMPOSTELA | O portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, aproveitou a sesión de control ao presidente galego, Alfonso Rueda, para acusar o seu xefe de filas estatal e extitular da Xunta, Núñez Feijóo, de crear "unha crise institucional" en España polo seu recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional (TC).
O pleno do TC acordou este luns suspender de forma urxente a tramitación parlamentaria, xa no Senado, das dúas emendas polas que se modifica o sistema de elección e chegada dos dous candidatos ao TC que nomea o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), admitindo así as medidas cautelarísimas solicitadas polo PP no seu recurso contra as devanditas emendas. Ler máis