El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "O reparto de cotas penaliza claramente á pesca do xurelo"

26-12-2022 14:57:43

REDACCIÓN | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, saíu hoxe en defensa do sector de cerco de Galicia, afectado pola perda de cota na pesca do xurel, e pediu a implicación do goberno galego para aplicar un paro biolóxico temporal con axudas para chegar á campaña da xarda e da anchoa. Formoso mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Cerco de Galicia -Acerga-. 

O responsable socialista salientou que o reparto de cotas “penaliza claramente” á pesca do xurelo, que é “base e sustento económico do sector de cerco de Galicia”, da que viven 67 barcos e máis de mil mariñeiros. Apunta que o novo reparto “non lles da nin para pagar os mínimos custes de supervivencia económica”, e defendeu un paro temporal con axudas que permita “dalgunha maneira” o sustento do sector.  

Pediu así apoio a mariñeiros e armadores no tránsito entre a campaña actual, afectada polas novas cotas, e a mellora do reparto na campaña de 2024 no que xa traballan “de forma intensa” tanto o Ministerio como os representantes do sector. Emprazou a “darlle soporte a todo o sistema social e económico” que depende do cerco para chgar á próxima campaña.  

O secretario de Acerga, Alberto Castro, emprazou tanto á Xunta como á Secretaría Xeral de Pesca a conceder un paro temporal de entre 2 e 3 meses que lle permita á flota subsistir ata a apertura das campañas da xarda e da anchoa. Sinalou que as conversas co goberno central van “polo bo camiño” e lembrou a existencia de “baremos establecidos sobre pagas temporais” para estes paros obrigados.  

Así o dixeron logo dun encontro entre o PSdeG e Acerga, no que tamén participaron a secretaria de Pesca e portavoz de Pesca do PSdeG no Parlamento de Galicia, Patricia Otero, o deputado no Congreso Diego Taibo, a alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, o secretario provincial de A Coruña, Bernardo Fernández, e o secretario provincial de Pesca, Walter Pardo.  


Accidente de autobús  

O responsable socialista comezou a intervención de hoxe trasladando as condolencias en nome de tódolos socialistas galegos ás familias dos falecidos no accidente de autobús en Cerdedo – Cotobade, no que foi un “día tráxico para Galicia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias