SANTIAGO DE COMPOSTELA | O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, tachou de "lamentables" as cifras de execución orzamentaria da Xunta de Galicia nos primeiros nove meses de 2022 e pediu explicacións ante a "falta de orientación acertada". Segundo detallou hoxe en rolda de prensa, a administración autonómica "executou só o 55%" en protección e promoción social e "un 29%" en servizos sociais e comunitarios. Ler máis