El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso pide a Xunta que "faga os seus deberes" e traballe co Estado para blindar a presenza de Stellantis en Vigo

10-01-2023 17:53:32

VIGO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou hoxe á Xunta a “facer os seus deberes” e que traballe da man do goberno do Estado para blindar a presenza de Stellantis en Vigo da man do vehículo eléctrico. Así o dixo logo dunha visita á Zona Franca de Vigo, onde mantivo unha reunión co seu delegado, David Regades.  

Formoso amosouse “convencido” da asignación da plataforma do vehículo eléctrico para as instalacións de Vigo e despexar así un futuro estable para a planta de Stellantis. Para iso, dixo, “cada un debe facer os seus deberes” co horizonte de crear as condicións idóneas para que o grupo garanta a súa presenza en Galicia.  

Salientou o esforzo do goberno do Estado para garantir ademais a moi alta tensión para Vigo, unha medida que “non fixo o goberno de Rajoy” e que Pedro Sánchez “si que vai facer”, tomando unha “medida xusta que acaba coa discriminación á cidade de Vigo” dende os gobernos do PP. 

Apuntou que Galicia “ten moito que dicir ao respecto”, e afeoulle ao goberno galego que se manteña “observando como os grandes expedientes e os proxectos tractores están á espera de decisións de fora de Galicia”. Contrapuxo a pasividade da Xunta coa actitude proactiva de Castela e León, Aragón ou Navarra, todas elas "facendo máis que confrontar co Estado” para garantir a continuidade das marcas no seu territorio.  

Reclamoulle á Xunta que poña en marcha liñas de axuda e conversas con Stellantis para concretar a súa continuidade “canto antes”, e que siga o exemplo da Zona Franca. Sinalou ao traballo do ente na dinamización da economía galega dende Vigo e o modelo de penetración de proxectos nas catro provincias e de apoio a proxectos emprendedores que permitan reter talento.  


Compromiso da Xunta  

Urxiu ao Executivo autonómico a “que acelere” diante das difíciles previsións económicas e que active liñas de axuda para impulsar os sectores produtivos fundamentais para Galicia. Logo dunha visita á Zona Franca de Vigo, o líder dos socialistas galegos criticou o desleixo do goberno galego cando esta Comunidade Autónoma ten a peor previsión de crecemento económico de España en 2023.  

Criticou que a Xunta “non reacciona” cando Galicia terá en 2023 a metade de crecemento económico de Cantabria e un terzo do previsto para o País Vasco, malia o que o Executivo autonómico “non activa liñas de axuda dende os seus orzamentos” para os sectores produtivos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias