El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso considera "escandaloso" que a Xunta só execute o 3,4% dos 53 millóns para acceso á vivenda

12-01-2023 15:45:32
Valentín González Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou hoxe de “escandaloso” que o goberno galego tan só teña executado o 3,4% dos 53 millóns de euros previstos para o programa de acceso á vivenda en 2022. Criticou a “falla de sensibilidade” de Rueda coas familias galegas que dependen destas axudas entregadas polo Estado pero xestionadas polo goberno galego.  

Lembrou que a Xunta aporta o 4 por cento dos fondos para o acceso á vivenda, mentres o Estado asume o 96 por cento restante, “e aínda así os cartos que reciben non son entregados ás familias galegas”. Amosouse “atónito” por que mentres o resto das autonomías poñen en marcha paquetes de axudas para os sectores produtivos, o goberno galego permanece impasible mestres as familias intentan cadrar as contas cada mes. 

Formoso criticou que diante da necesidade “declarada e urxida” sinaladamente polos mozos e mozas menores de 30 anos, o Executivo galego opte por “non facer chegar os cartos”. Esixiulle que intensifique o ritmo de entrega das axudas a milleiros de demandantes “desesperados” e que a situación que reflicten os datos de execución orzamentaria de 2022 non se repitan no ano que agora comeza.  

O responsable socialista denunciou a “inacción clara” amosada polo goberno galego, que “pon en marcha poucas medidas, e as decisións que toma non teñen efecto e contrarían aos sectores” implicados. É o caso tamén, dixo, da liña de axudas para autónomos que vén de iniciar esta mesma semana o goberno galego, unha proposta “ridícula” e posta e marcha “con nocturnidade”. 

 Formoso explicou que os 30 millóns de euros de axudas liberados polo goberno galego tan só supoñen 144 euros para cada un dos 204.000 autónomos que traballan en Galicia. Ademais, dixo, a axuda foi entregada con preferencia “para o primeiro que chega”, o que provocou que milleiros de galegos e galegas quedaran fora das axudas “pola forma e pola cifra ridícula que leva aparellada”.  


Miopia  

Esixiulle ao presidente da Xunta que “aparte a súa miopía” e afronte as expectativas económicas “nada halagüeñas” para Galicia reactivando e poñendo en marcha medidascoherentes co orzamento máis alto da historia para Galicia, que aumentou en máis de 1.000 millóns de euros. Sinalou que estas axudas resultan fundamentais para que as familias e os traballadores “poidan chegar a fin de mes e facer viables as súas vidas”.  

Criticou o desleixo do goberno galego en contraste co esforzo de concellos e deputacións, que tiran de orzamentos propios para activar axudas para as familias e os sectores produtivos, así como da batería de medidas postas en marcha polo Estado. Sinalou a rebaixa do IVE en produtos básicos, o tope do prezo do gas, a supresión do IVE na luz, a axuda de 200 euros para 4,6 millóns de familias en toda España.  

Engadiu as axudas ás peaxes nas autoestradas estatais, a eliminación dos custes para abonos de ferrocarril e a redución no prezo do billete do autobús interurbano, así como a rebaixa de 20 céntimos nos combustibles dos sectores produtivos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias